Crónica do Biobliz e do XI Encontro de Voluntariado do Proxecto Ríos Imprimir E-mail

 img_3120.jpgO sábado 20 de Xuño celebramos a undécima edición dos encontros de voluntariado do Proxecto Ríos. Esta actividade ten o obxectivo de facer protagonistas aos voluntarios e voluntarias, a través de presentacións das actividades que realizan no marco do Proxecto Ríos. Serve tamén como intercambio de experiencias entre o voluntariado. En 2015 quixemos darlle un aire novo a esta actividade, propoñendo unha Descuberta de biodiversidade (Bioblitz) para profundizar máis no coñecemeto da flora e a fauna que habita nos nosos ríos e ribeiras, en concreto do Ulla-Pambre.

Podes ver as fotos da xornada AQUI

Listado_Flora_Serpentinas Listado_Flora_Serpentinas

 
En todas as actividades que o Proxecto Ríos propón ao voluntariado participante e á sociedade en xeral, intentamos establecer unha temática que encadre a actividade. Neste caso, os encontros de voluntariado van acompañados de conferencias e roteiros que poñan en valor algún aspecto salientable dos nosos ríos.  Este ano realizamos unha descoberta de biodiversidade, (Biobliz), desenvolveuse esta actividade na Eira da Xoana para achegarnos a coñecer as plantas que medran sobre rochas ultrabásicas que afloran no curso alto do río Ulla, facendo de toda esta zona un lugar especial onde poder atopar individuos exclusivamente adaptados á presenza de metais pesados das serpentinas. Non so nos limitamos a identificar a flora, senon que procuramos ir recoñecendo calquer organismo que fóramos atopando.
img_3093.jpg
Comezamos, polo tanto, o roteiro ás 10:30 da mañá. Desprazámonos en coches ata a aldea de Barazón, e alí collemos unha pista forestal na que comezamos o roteiro. Acompañados por Xurxo Mouriño e Fins Eirexas, expertos en botánica e xeoloxía respectivamente, fomos descubrindo as diferentes especies de flora que medran no lugar. Así mesmo Ramsés Pérez , amosounos a ampla variedade de aves que habitan este espazo.
 
Ás 14.30 chegamos de volta á Eira da Xoana para xantar á sombra dos castiñeiros.
img_3201.jpgXa pola tarde, foi o momento no que os grupos convidados do Proxecto Ríos compartiron as súas experiencias co resto dos asistentes. Comezou María Ruán, da Asociación Néboa Medioambiente, que levan dende o 2005 facendo inspeccións no río Belelle. María fixo un percorrido polas actividades que durente unha década fixeron no marco do Proxecto Ríos. Ademais das inspeccións, editaron diferentes materiais educativos, exposicións e outras actividades para poñer en valor a contorna do Belelle. Trouxo tamén unha pequena mostra da exposición que elaboraron con estes materiais editados: fotografías, cadernos, unidades didácticas, manualidades representando a fauna do río, etc.
A continuación, foi Belén Pérez, do IES María Sarmiento de Viveiro, quen expuso as actividades que desenvolveron na primavera de 2015 no río da Rigueira. Desenvolveron un proxecto interdisciplinar implicando a diferentes departamentos que traballaron diferentes cuestións relacionadas co río.
Para rematar, presentamos as actividades que realizaron os alumnos e profesores do IES Fontem Albei de A Fonsagrada no río Lamas durante os últimos tres anos.
img_3236.jpgComo punto final do Encontro de Voluntariado, achegámonos ata o río Ulla para buscar o mexilón de río (Margaritifera margaritifera), especie que está en regresión nos nosos cursos fluviais. Atopamos dous exemplares que os participantes puideron apreciar á beira do río.
Ás 20:00 puxemos fin aos undécimos encontros, esperando atoparnos nas vindeiras actividades.
< Anterior   Seguinte >
go to top