Crónica do XXII Curso de Formación do Proxecto Ríos Imprimir E-mail
dscn1427.jpgO pasado 26 de setembro celebrouse o XXII Curso de formación do Proxecto Ríos na Estación de Hidrobioloxía do Encoro do Con. Contra as once da mañá deu comezo o encontro, cunha breve presentación por parte de Virginia Rodríguez e Paco Bañobre sobre as actividades que durante a campaña de outono se desenvolverán no Proxecto Ríos. Tamén falaron dos diferentes proxecto que, dende ADEGA, se están a levar a cabo relacionado coas especies exóticas invasoras.
 
 
 
 
 
 
A continuacidscn1472.jpgón tivo lugar a conferencia marco da xornada, dedicada este ano a afondar un pouco máis no coñecemento dos odonatos. María Teresa Couto da Estación de Hidrobioloxía, fixo un percorrido polas diferentes familias de libeliñas e cabaliños do demo. Unha vez rematada a parte teórica, os asistentes baixaron ao laboratorio onde identificaron na lupa, e seguindo as indicacións de María Teresa, diversos exemplares de ninfas de odonatos. A sesión da mañá rematou cun pequeno paseo polo encoro do Con para identificar adultos de odonatos. Puidemos ver o voo dunha das libeliñas máis grandes que hai en Galiza: Anax imperator. Tamén puidemos ver varios exemplares de Trithemis annulata.
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
img_7275.jpg
Despois do xantar, que como noutras ocasións realizamos no comedor da EHEC, saímos ao río para realizar a parte da xornada adicada a formación do voluntariado ambiental do Proxecto Ríos na mostraxe e identificación dos macroinvertebrados do río, especies bioindicadoras dos ecosistemas fluviais e que nos permiten, entre outros parámetros, saber cal é o estado de saúdo do río. Da man de Rufino, director da Estación, fíxose primeiramente unha explicación dos métodos de mostraxe e despois pasamos a facer a recollida de mostras, que levamos ata a Estación para clasificalas por familias. Logo, Rufino, cunha lupa binocular conectada a unha cámara de vídeo, foi explicando as características propias de cada un dos exemplares, curiosidades da súa morfoloxía, hábitos e hábitats que soen frecuentar.
Ás 19:00h puxemos fin ao curso no que participaron 20 persoas.
< Anterior   Seguinte >
go to top