Especies Exóticas Invasoras e Participación Social Imprimir E-mail
cartaz_inv.pngO vindeiro sábado 28 de novembro celebrarase unha xornada divulgativa sobre “Especies invasoras e a participación social” no museo Domus da cidade da Coruña.
Esta actividade enmárcase no proxecto “Rede de voluntariado ambiental para a eliminación de especies invasoras en ecosistemas acuáticos”, que conta co apoio do Ministerio de Agricultura, Alimentación e Medio Ambiente, a través da Fundación Biodiversidad, alén de contar coa colaboración da concellería de Medio Ambiente do Concello da Coruña. A xornada durará todo o día e haberá espazo para que diferentes persoas de Galiza, Portugal e Cantabria dialoguen e debatan a cerca dunha problemática ambiental que hoxe en día está a ser a responsable da perda da biodiversidade mundial.
O Proxecto Ríos participará expoñendo as iniciativas desenvolvidas nos últimos anos sobre esta temática.
< Anterior   Seguinte >
go to top