Informe Anual do Estado de Saúde dos Ríos Galegos Imprimir E-mail
10351604_1007647005929294_2566909779840960809_n.jpgO vindeiro martes 2 de febreiro, día mundial dos humidais, o Proxecto Ríos presentará o informe anual do estado de saude dos ríos galegos. No informe establecese unha fotografía do estado ecolóxico dos nosos ríos a partir das análises realizadas durante as campañas de primavera e outono polo voluntariado participante no Proxecto Ríos. Preséntanse os resultados das inspeccións realizadas, e as actividades máis importantes desenvolvidas durante o ano 2015, así como o CalendaRío 2016 coas actividades máis destacadas deste novo ano.
Será na Libraría Couceiro en Santiago de Compostela ás 12:00 h.
< Anterior   Seguinte >
go to top