Encontro da Rede Ibérica de Proxecto Ríos Imprimir E-mail
rede_proxecto_rios.pngO Proxecto Ríos, alén de ser un programa de voluntariado en Galicia, existe tamén noutros territorios da península ibérica. Dende o seu nacemento en Catalunya en 1996, diferentes lugares do estado español foron sumándose a esta iniciativa de estudo e conservación dos ríos, contando na actualidade con programas en Madrid, Cantabria, País Valenciá, Bierzo, Asturias, Galicia e tamén en Portugal. É precisamente no país veciño onde se celebrará o Encontro da Rede Ibérica de Proxecto Ríos o próximo día 23 de xaneiro organizado pola Associação Portuguessa de Educação Ambiental (ASPEA). Neste encontro buscaranse sinerxías entre as diferentes entidades para desevenvolver actividades que redunden na protección dos ecosistemas fluviais.
< Anterior   Seguinte >
go to top