Crónica Roteirríos polo Arnego Imprimir E-mail
dscn2804.jpgO pasado 12 de marzo deu comezo o programa de itinerarios do Proxecto Ríos Roteirríos. Unha iniciativa que pretende unir ríos e persoas, achegando os cursos fluviais á cidadanía nun ambiente lúdico así como dar a coñecer o seu patrimonio natural e cultural asociado. En 2016 imos xa pola novena edición deste programa. Comezamos facendo unha visita ao río Arnego no espazo que corresponde ao LIC Sobreirais do Arnego da Rede Natura 2000 Ruta_Arnego_Sobreiral
Ás 11:00 horas da mañá do 12 de marzo démonos cita cos participantes a este primeiro roteiro na área recreativa de Carmoega no concello de Agolada. O río Arnego é un afluente do río Ulla que nace na serra do Faro e que atravesa a comarca do Deza en dirección norte ata desembocar no encoro de Portodemouros, de feito nace e morre no mesmo lugar: nace en Arnego de Rodeiro (Serra do Faro) e desemboca en Arnego de Vila de Cruces. En moitos treitos da ruta o río vai moi encaixado entre rochas básicas e xistos. É un espazo moi singular no que se mesturan especies vexetais atlánticas e mediterráneas.
Podes ver o álbum de fotos da xornada AQUÍ
dscn2648.jpgLogo dunha breve presentación en Carmoega, achegámonos ata a beira do río para observar xa diferentes especies de flora nemoral, que foi unha das actividades que se desenvolveron cos participantes. Puidemos ver nunha pequena superficie, tres especies de narcisos: o amarelles (Narcissus ciclamineus), o N. bulbocodium e o N. triandrius. No mesmo prado observamos tamén as primaveras (Primula sp.) e o Ranunculus ficaria. Logo desta pequena observación botánica, achegámonos ata un muíño comunal para apreciar tamén o patrimonio etnográfico da zona.
dscn2681.jpgA continuación, comezamos a a camiñar río arriba logo de atravesar a porte de Carmoega. Puidemos apreciar o estado de conservación do bosque de ribeira con ameneiros, salgueiros, freixos, érbedos, espiños, etc; nas partes máis altas dominan os carballos, sobreiras, piñeiros e castiñeiros. Acompañounos no roteiro Marcial Barral, propietario do sobreiral “A Zarra da Pena” (Artigo CERNA 70) que visitariamos logo, que nos foi comentando diferentes aspectos do uso das ribeiras do Arnego que facían os habitantes desta zona, como un peculiar “corgo de aire”, estrutura hidráulica que aproveitaba as augas nacentes das ladeiras para o regadío de prados, sobre todo no verán cando sofren as consecuencias do estío. No camiño puidemos ver outro muíño, esta vez de maquía, no que a xente tiña que pagar por moer o seu grao. A continuación, e logo de percorrer outdscn2778.jpgro tramo, paramos a xantar á beira do río. Aproveitamos para facer unha inspección do estado de saúde do río aplicando a metodoloxía do Proxecto Ríos, e para amosar aos participantes os macroinvertebrados que viven no río. Atopamos tamén un exemplar de Carabus galicianus, escaravello endémico de Galicia e unha das xoias que podemos atopar nos nosos ríos.
Xa para finalizar o roteiro, regresamos pola parte alta da ladeira do río atravesando parte do sobreiral do río Arnego. Marcial comentounos o método de extracción da cortiza e puidemos apreciar este espazo chamado “A Zarra da Pena”, cunha extensión de máis de 24 hectáreas, e que a partir dos anos 2005 – 2006 convértese nunha iniciativa de Custodia do Territorio encamiñada á protección do sobreiral contra o lume dscn2823.jpge baseada no establecemento dun sistema silvopastoril.
Ás 17:30 regresamos a Carmoega e puxemos fin a este primeiro Roteirríos de 2016 no que participaron 17 persoas.
< Anterior   Seguinte >
go to top