ADEGA e a CHMS asinan un convenio para o desenvolvemento do Proxecto Ríos na bacía do Miño Sil Imprimir E-mail
img_0085_recortada_red.jpgADEGA asinou o pasado 11 de abril, un convenio coa Confederación Hidrográfica Miño-Sil (CHMS) para o desenvolvemento de actividades con voluntariado na bacía do Miño-Sil durante o 2016 dentro do programa Proxecto Ríos.
O presidente da CHMS, Francisco Marín e a presidenta de ADEGA, Virginia Rodríguez, asinaron dito convenio por un importe de 10.000€, cos que se realizarán actividades de divulgación e posta en valor da riqueza natural dos ríos da bacía do Miño-Sil. Entre outras accións, desenvolverase un campo de voluntariado ambiental no río Tea, saídas formativas con voluntariado e roteiros interpretativos na contorna da bacía do Miño-Sil, así como unha limpeza simultánea de ríos
< Anterior   Seguinte >
go to top