XXIII Xornadas de Formación do Proxecto Ríos Imprimir E-mail
captura_cartaz_curso_formacion.pngO sábado 23 de abril, terán lugar na Estación de Hidrobioloxía do Encoro do Con (Vilagarcía de Arousa), as XXIII Xornadas de Formación de Coordinadores/as do Proxecto Ríos. A temática do curso será achegarnos ás especies de peixes exóticos dos nosos ríos e anunciar o mapeado participativo de EEI en Galicia. Aproveitaremos tamén para facer entrega do material do Proxecto Ríos aos novos grupos participantes. A sesión de tarde estará dedicada, como outros anos, ao recoñecemento dos macroinvertebrados, especies fundamentais no noso traballo. Podes descarregar o cartaz en PDF: XXIII Curso de formacion. Abril 2016.pdf

Programa das XXIII Xornadas de Formación:

11.00 Chegada e entrega de material.

11.15 Estado do Proxecto Ríos.

11.30 Mapeado participativo EEI en Galiza.

12.00 Características e distribución da ictiofauna exótica en Galicia. David José Nachón García (EHEC).

14.00 Xantar.

15.30 Saída ao río e recoñecemento de macroinvertebrados.

19.00 Remate do curso.

O curso é gratuíto, só hai que levar a comida. O número de prazas é limitado, polo que que é preciso inscribirse, tanto por teléfono (981 57 00 99) como por correo electrónico:

< Anterior   Seguinte >
go to top