Crónica do XXIII Curso de Formación do Proxecto Ríos Imprimir E-mail
img_20160423_115610.jpgFoi o pasado sábado, 23 de abril, cando celebramos o curso de primavera do Proxecto Ríos, que xa vai pola súa vixésimo terceira edición, na estación de Hidrobiolxía do Encoro do Con, en Vilagarcía de Arousa. Sobre as once da mañá fóronse acomodando os participantes do encontro, e un cuarto de hora máis tarde daba inicio unha pequena introducción a cargo de Virginia Rodríguez e Paco Bañobre, que falaron das actividades previstas para o 2016 e os novos materiais editados e do informe 2015 do Proxecto Ríos. Podes ver as fotos da xornada nesta LIGAZÓN.
A continuación continuou Virginia presentando un protocolo para a inserción de datos xeoreferencidos de flora exótica invasora na plataforma Biodiversidade.eu. Preténdese con isto elaborar un mapeado participativo de EEI nos ecosistemas fluviais no que o voluntariado do Proxecto Ríos pode participar.
Tras isto, e despois dun pequeno paréntese, deuse inicio á charla marco da xornada, dedicada aos peixes exóticos e impartida por David Nachón García, investigador da USC na Estación de Hidrobioloxía. David comentou as características e distribución da ictiofauna ecótica en Galicia. Descarga a presentación completa.
 
img_20160423_140748.jpgRematada a quenda de David, chegou o momento de coñecernos todos un pouco máis, e contarlle ao resto de participantes quen somos, de onde vimos e o río que estudamos.
A continuación dispúxose un xantar comunitario nas instalacións da estación. Logo da sobremesa, e xa en compañía do director da estación, Rufino Vieira, puxemos rumbo ao río Con, moi preto da estación.
 
img_20160423_162212.jpg Alí, fixemos tres grupos para poder desenvolver a inspección con maior comodidade en tres puntos diferentes. Encabezaba un deles o propio Rufino, outro Paco Bañobre e o terceiro con Virginia Rodríguez. Cada un situouse nun treito, e tras introducirse na auga, foron capturando no trueiro os macroinvertebrados, para posterior clasificación e observación no laboratorio.
 
 
img_20160423_175911.jpgTras o proceso de clasificación por familias, foi Rufino o encargado de precisar a través dunha lupa e de un proxector, as principais características propias de cada un dos exemplares, curiosidades da súa morfoloxía, hábitos e hábitats que soen frecuentar.
 
Finalizado o último exemplar, chegou o momento da despedida, coa vontade de nos ver de novo na próxima campaña. Participaron nesta xornada 40 persoas.
< Anterior   Seguinte >
go to top