Ampliamos a campaña de primavera do Proxecto Ríos Imprimir E-mail
20150523_13.35.27_reducida.jpgO día 1 de xuño remata a campaña de primavera do Proxecto Ríos, mais este ano 2016, logo das choivas do mes de abril e maio, decidimos ampliar o período de inspección ata o 30 de xuño para que teñades máis tempo para saír aos vosos treitos a facer a inspección.
Como sempre, pedímosovos que nos enviedes os resultados dos vosos estudos co fin de incorporalos ao Informe Anual do Estado de Saúde dos Ríos Galegos que publicamos a inicios de cada ano. Tedes á vosa disposición o Xeovisor do Proxecto Ríos para inserir os resultados das vosas inspeccións. Tamén as podedes enviar por correo electrónico a : ou por correo postal ao enderezo de ADEGA.
< Anterior   Seguinte >
go to top