XII Encontro de Voluntariado e Bioblitz do Proxecto Ríos Imprimir E-mail
cabeceira_web.pngUn ano máis celebramos o Encontro de Voluntariado do Proxecto Ríos. Será o día 9 de xullo de 2016 nas ribeiras do río Sor. Este ano 2016 continuaremos realizando unha de descuberta de biodiversidade, tamén coñecida como Bioblitz. Nesta actividade, os asistentes, organizados en pequenos grupos, percorrerán treitos do río para coñecer máis de cerca os tesouros naturais que agochan os cursos fluviais. Cada grupo se dedicará a buscar e fotografar especies de flora e fauna coa finalidade de identificalas, ben no momento, ben ao regreso da saída co asesoramento de expertos/as e guías de campo.
Con esta actividade queremos divulgar a biodiversidade que vive nos nosos ríos, e as ribeiras do río Sor é un espazo moi acaído para a realización desta actvidade.
Contaremos coa colaboración da Asociación Nordés Faladora, que levan varios anos inspeccionando varios treitos do río Sor.
Proxecto Ríos é unha iniciativa de voluntariado e educación ambiental de ADEGA promovida por Augas de Galicia.
Anímate a participar!!
Cartaz_Bioblitz.pdf

Programa:

10:30 Recepción de participantes en Ponte Segade e presentación

11:00 Desprazamento ata Ribeiras do Bispo e inicio do bioblitz

14:30 Xantar

16:30 Continuación do bioblitz

19:30 Remate da actividade

A ruta é lineal e de aproximadamente 10 Km de baixa dificultade.

Para participar é preciso anotarse nos seguintes teléfonos e e-mails:

Viqui: 650 261 283

Paco: 627 628 194

Local de ADEGA: 981 57 00 99 / 619 672 038

Asociación Nordés (Ricardo): 653 756 454;

< Anterior   Seguinte >
go to top