Crónica do Bioblitz polas ribeiras do Sor Imprimir E-mail
13592291_1336080113085980_7134126651737536882_n.jpgO sábado 9 de xullo celebramos a duocécima edición dos encontros de voluntariado do Proxecto Ríos. Esta actividade ten o obxectivo de facer protagonistas aos voluntarios e voluntarias que participan no Proxecto Ríos. En 2016 continuamos coa temática iniciada o ano anterior de facer unha descuberta de biodiversidade (Bioblitz) para afondar máis no coñecemento da flora e a fauna que habita nos nosos ríos e ribeiras.
dsc_2039.jpgDesenvolveuse esta actividade nas ribeiras do río Sor que deu comezo ás 10:30 da mañá. Logo de reunirnos cos participantes en Ponte Segade, desprazámonos en coches ata a Ribeira do Bispo onde se iniciou o roteiro. Acompañados por Toñito e Jaime, da asociación Nordés, fomos descubrindo as diferentes especies de flora e fauna que medran no lugar e que fomos atopando. Podedes descarregar o LISTADO das especies que se identificaron no percurso. O roteiro, de aproximadamente 10 Km de distancia, percorre a marxe esquerda, rio abaixo, do río Sor a través dun ben conservado bosque de ribeira. Puidemos coñecer multitude de especies que habitan nas ribeiras dos nosos ríos. En total identificáronse 112 especies.
 
img_20160709_155114.jpgÁs 14.30 chegamos de volta a Ponte Segade onde o Proxecto Ríos convidou a xantar aos participantes. Xa pola tarde, fíxose unha posta en común das especies identificadas polos participantes a través das fotografías que se foron titrando aos diferentes exemplares, para así confeccionar un listado da biodiversidade das ribeiras do río Sor.
 13627046_1336244313069560_2276908488769766966_n.jpg
 
Ás 18:30 puxemos fin ao duocécimo encontro cunha participación de 20 persoas, esperando atoparnos nas vindeiras actividades.
 
 
 
 
dsc_2021.jpg 
< Anterior   Seguinte >
go to top