IX Limpeza Simultánea de Ríos Imprimir E-mail
captura_mollate_2016.png
 O día 2 de outubro celebraremos a novena edición da Limpeza Simultánea de Ríos. Esta actividade ten o obxectivo de concienciar á sociedade da necesidade de que os nosos ríos estean ben conservados, e a presenza de lixo é unha ameaza constante que sofren os cursos fluviais. Se a túa entidade, concello, centro de ensino, etc. está interesado en participar nesta nova actuación ponte en contacto con nós: 981 57 00 99 / 619 672 038. Ou a través do e-mail: Grazas á colaboración de 54 entidades o pasado ano, retiráronse máis de 13 Tn. de lixo e participaron un total de 691 voluntarias/os de 45 concellos en toda Galicia.
Xa se pode consultar o cartaz onde aparecen os grupos participantes: Cartaz_MollateRios2016.pdf
img20150927wa0008.jpgEste ano queremos volver a contar coa vosa axuda para levar a cabo a IX xornada de limpeza simultánea en ríos. Como en anos anteriores, o Proxecto Ríos editará cartaces divulgativos para cada zona cun teléfono de contacto para que se apunten as persoas que queiran participar e tamén repartiremos as tradicionais camisetas para o voluntariado. MÓLLATE POLOS RÍOS!
< Anterior   Seguinte >
go to top