XXIV Xornadas de Formación do Proxecto Ríos Imprimir E-mail
captura_cartaz_curso_outono.pngO sábado 1 de outubro, terán lugar na Estación de Hidrobioloxía do Encoro do Con (Vilagarcía de Arousa), as XXIV Xornadas de Formación de Coordinadores/as do Proxecto Ríos. A temática do curso serán as aves dos ríos galegos. Aproveitaremos tamén para facer entrega do material do Proxecto Ríos aos novos grupos participantes. A sesión de tarde estará dedicada, como outros anos, ao recoñecemento dos macroinvertebrados, especies fundamentais no noso traballo. Podes descarregar o cartaz: XXIV_Curso_Formacion_Outubro_2016.pdf XXIV_Curso_Formacion_Outubro_2016.pdf
 
 

Programa das XXIV Xornadas de Formación:

11.00 Chegada e entrega de material.

11.15 Estado do Proxecto Ríos.

12.00 As aves dos ríos galegos. Cosme Damián Romay Cousido (UDC/Grupo Naturalista Hábitat)

14.00 Xantar.

15.30 Saída ao río e recoñecemento de macroinvertebrados.

19.00 Clausura do curso.

O curso é gratuíto. O número de prazas é limitado, polo que que é preciso inscribirse, tanto por teléfono (981 57 00 99) como por correo electrónico:

< Anterior   Seguinte >
go to top