Roteirríos polo río Requeixo, Manzaneda Imprimir E-mail
imagen_sin_ttulo_1.pngO día 23 de outubro teremos o segundo Roteirriíos deste ano 2016. Desta volta faremos un percurso polo río Requeixo no Macizo Central Ourensán en Manzaneda. Roteirríos é un programa de itinerarios organizado polo Proxecto Ríos que pretende unir ríos e persoas, achegando os cursos fluviais á cidadanía nun ambiente lúdico e dando a coñecer o seu patrimonio natural, cultural e social.
Podes descarregar o Cartaz_Roteirrios_Requeixo.pdf

Vai dirixido a toda a cidadanía, tanto aos participantes do Proxecto Ríos como aquelas persoas interesadas en coñecer o noso patrimonio fluvial. Nos roteirríos poderán participar maiores de idade ou menores acompañados dalgún familar ou responsábel.

10:00 Punto de encontro no Bar Pendón de Manzaneda.

11:00 Saída de Requeixo.

14.00 Xantar no pobo abandoado de Prada.

15:30 Visita por Prada, os regos e os arredores.

16:00 Volta cara Requeixo.

17:30 Remate.

É preciso traer auga e comida, así como levar roupa axeitada para camiñar.

O roteiro é de dificultade media-baixa. A distancia total é de 14-15 Km.

As prazas son limitadas, polo que é preciso inscribirse: Teléfonos: 981 57 00 99 / 616 238 050. e-mail:

< Anterior   Seguinte >
go to top