Remata a campaña de outono do Proxecto Ríos Imprimir E-mail
foto_inspeccion_chaian.jpgA campaña de outono 2016 do Proxecto Ríos rematou o día 1 de novembro. Coa finalidade de elaborar o informe anual do estado de saúde dos ríos galegos, pedímosvos que nos enviedes os resultados das vosas inspeccións. Podedes facelo a través do Xeovisor introducindo directamente os resultados na web; por correo electrónico a ou ben por correo postal a: Travesa de Basquiños, 9 baixo 15704 Santiago de Compostela. Ata o día 30 deste mes de novembro poderedes facer o envío das inspeccións. Se non tedes o voso usuario e contrasinal enviade un correo á coordinación do proxecto para obtelo. Gracias pola vosa participación e compromiso cos nosos ríos.
< Anterior   Seguinte >
go to top