Crónica do Roteirríos polo Río Mao Imprimir E-mail
img_20161023_113327.jpgO domingo 23 de outubro desenvolveuse o Roteirríos de outono de 2016. Inicialmente estaba previsto realizar unha ruta polo río Requeixo en Manzaneda, mais a previsión do tempo non era moi boa polo que nos decantamos en facer un itinerario polo canón do río Mao, afluente do Sil na comarca de Trives.
É o canón do Mao unha impresionante paraxe onde conflúen natureza, etnografía, prehistoria e patrimonio arquitectónico industrial.
Pódense ver as fotos da xornada AQUI
 
ses_2329.jpgComezamos o roteiro co encontro dos participantes ás 10:30h no bar Valilongo na estrada que vai dende Ourense a Castro Caldelas. Desprazámonos ata a aldea de Forcas, onde comezamos a andar. Dedicamos o día a coñecer o canón do río Mao, afluente do Sil que vai encaixado entre montes de granito dende os 800 m. de altitude. Fomos percorrendo a antiga levada de auga que nutría deste elemento á antiga Fábrica da Luz –hoxe reconvertida en albergue– situada preto da desembocadura do Mao no Sil. Dita levada vai pola curva de nivel a aproximadamente 700 m., antes de baixar cara a fábrica. Foi un agradable paseo de baixa dificultade no que puidemos apreciar a densa vexetación que medra nas ribeiras do Mao. Xa chegando a hora do xantar, como ameazaba choiva, regresamos ata os autos por unha variante do camiño e evitando a canle da levada.
< Anterior   Seguinte >
go to top