Informe do Estado de Saúde dos Ríos Galegos 2016 Imprimir E-mail
informe_2015.jpgO mércores 22 de febreiro, o Proxecto Ríos presentará o informe anual do estado de saude dos ríos galegos. No informe establecese unha fotografía do estado ecolóxico dos nosos ríos a partir das análises realizadas durante as campañas de primavera e outono polo voluntariado participante no Proxecto Ríos. Preséntanse os resultados das inspeccións realizadas, e as actividades máis importantes desenvolvidas durante o ano 2016, así como o CalendaRío 2017 coas actividades máis destacadas deste novo ano. Será na Libraría Couceiro en Santiago de Compostela ás 12:00 h.
< Anterior   Seguinte >
go to top