Resultados do Informe Anual 2016 Imprimir E-mail
img20170222wa0004.jpgO informe do estado de saúde dos ríos galegos que presenta o Proxecto Ríos establece unha fotografía do estado ecolóxico dos nosos ríos a partir das análises realizadas durante as campañas de primavera e outono polo voluntariado participante. Preséntanse os resultados das inspeccións realizadas, a metodoloxía empregada na realización do informe e as actividades máis importantes desenvolvidas durante o ano 2016.
Resumo do informe: Resumo_Informel_2016.pdf
Informe completo: Informe_2016_Web.pdf
 
En 2016 o voluntariado do Proxecto Ríos determinou que o 34% dos ríos estudados en primavera tiñan moi bo estado de saúde; en outono foron o 42% dos casos. Con estado bo, as porcentaxes se distribúen da seguinte forma: 38% en primavera; 42% en outono. Para os estados moderado e deficiente temos as seguintes porcentaxes: 19% e 8% en primavera respectivamente e 7% e 7% para o outono.
 
numero_grupos.jpgDende o ano de inicio do Proxecto Ríos, o número de participantes aumentou considerabelmente. Na actualidade contamos con 353 grupos. Da totalidade dos grupos, enviaron as inspeccións de río o 41%, dato más baixo ao de anos anteriores: 2013 (52%), 2014 (53%) e 2015 (46%). Este descenso foi debido a que na campaña de outono se recibiron menos inspeccións do que é habitual. Porén, na campaña de primavera mantívose o número de inspeccións recibidas en relación a anos anteriores, cun total de 96, cando en 2015 foron 97, en 2014 88 en en 2013 73.
 
participacion_provincias.jpgEn canto á participación por provincias, a provincia de A Coruña é na que máis grupos hai, seguida moi de preto pola de Pontevedra. As porcentaxes entre unha e outra provincia son moi parecidas, 40 e 36% respectivamente. Lugo mantivo as súa porcentaxe de participación no período 2010 – 2015 (13% de media) co 14%. Ourense acadou un 10% no total de número de grupos, porcentaxe moi parecida á de 2015 (11%).
A bacía das Rías Baixas é a que aglutina a maior parte dos grupos participantes e na que máis inspeccións se realizan. Respecto a outros anos (2012-2015), na bacía do Arco Ártabro continúa aumentando a participación chegando ata o 29% consolidándose como segunda conca máis estudada polo voluntariado. A conca dos ríos que verten ao Cantábrico volveu a valores de 2013 e 2015, cun 6%, mentres que a do Limia – Douro, cun 2% rexistra o valor máis baixo dende o inicio do Proxecto.
 
calidade_bioloxica.jpgEn función dos datos recollidos polo voluntariado sobre a calidade dos ríos, podemos concluír que en 2016 se observa unha diminución na porcentaxe de ríos en moi bo estado tanto na primavera como no outono. Mantense en 2016 a migración dos treitos en moi bo estado cara a un bo estado de saúde, sobre todo na campaña de primavera. Por primeira vez nesta campaña, os treitos en bo estado de saúde superan aos de moi boa saúde. En outono as porcentaxes dos ríos en bo bo e bo estado foron idénticas: 42%.
Os treitos con calidade moderada presentan porcentaxes similares ao período 2012 - 2015, cuns valores promedio; en 2014 chegouse ao 17%. O 19% dos treitos estudados en primavera tiveron calidade moderada (maior valor dende o ano 2012). Os treitos con calidade deficiente volven a valores próximos aos anos 2012-2015 cunha media entre campañas do 7,5% –en 2014 chegou ao 9%–. Estes valores se corresponden, en primavera, cos ríos Sar (Santiago), Umia (Ribadumia), Louro (Porriño), Grande de Xubia (Ferrol), Veiga (Guitiriz) e Landro (Viveiro); en outono os ríos con saúde deficiente foron o Mero (Cambre), o Landro (Viveiro) e o Limia (Xinzo).
En canto aos treitos con mala calidade, temos en 2016 dous treitos, un en primavera (1%) que se corresponde co río Arteixo e outro en outono (2%) cun treito do río Mero ao seu paso por Cambre.
 
qrisi_primavera.jpgEn canto á calidade do bosque de ribeira, dende o inicio do proxecto, e moito máis nos últimos anos, estableceuse unha tendencia que manifestaba a situación de degradación qrisi_outono.jpgna que se atopa o bosque de galería que acompaña aos ríos. En 2016 os resultados son moi parecidos a 2015 e 2014. Arredor do 40% das masas de árbores do bosque de ribeira se atoparon en bo estado de conservación. En 2014 a media de marxes moi degradadas en primavera foi do 18%; en 2015 do 19% e en 2016 este valor supera o 20%. A causa do aumento das marxes moi degradadas é que éstas medran a expensas das que posúen alteracións importantes, que diminúen con respecto a 2014 e 2013 e posúen porcentaxes parecidas a 2015. Isto indícanos que as marxes con alteracións importantes evolucionan cara a degradación en vez de cara a recuperación.
Polo tanto, máis do 50% dos ríos estudados, tanto en primavera como en outono, presentan un bosque de ribiera en mal estado de conservación ben con alteracións importantes ou moi degradado, que en moitos casos a presenza de especies exóticas invasoras é determinante. Os treitos estudados coas dúas marxes moi degradadas correspóndense cos ríos Alvedosa, Gafos, Gallo, Sarela, Umia, Lagar, Mero e Limia entre outros.
 
resultados_ihf.jpgEn canto á calidade do hábitat, os datos aportados polo voluntariado revelaron que os valores en 2016 foron moi parecidos aos anos 2015 e 2014, con máis da metade dos treitos estudados, tanto en primavera como en outono, con hábitats ben constituídos (68% en primavera e 79% en outono). Ano tras ano, acádanse mellores datos en canto á calidade do hábitat. Aínda así, aproximadamente o 30% dos treitos de río estudados amosaron alteracións e degradación no seu hábitat, que se corresponden, como ven sendo habitual, con treitos de río canalizados ou con déficit hídrico como o Sar ao seu paso por Santiago de Compostela ou o Limia ao seu paso por Xinzo.
< Anterior   Seguinte >
go to top