Renovación do Convenio do Proxecto Ríos Imprimir E-mail
sinaturapr2017.jpgA presidenta de ADEGA e coordenadora do Proxecto Ríos Virginia Rodríguez vén de asinar coa Conselleira de Medio Ambiente Beatriz Mato o convenio de colaboración que dota de orzamento ao Proxecto Ríos. Na actualidade, o Proxecto Ríos conta con 359 grupos de voluntarios/as que implican a participación de máis de 3.600 persoas no estudo e conservación dos ríos. Trátase da iniciativa de voluntariado ambiental e custodia do territorio máis numerosa e veterana de Galicia. Este convenio permitirá desenvolver actividades de capacitación do voluntariado fundamentais para acadar unha participación activa da cidadanía na conservación dos ecosistemas fluviais. Son xa 13 anos de traballo continuo, ao longo de tres lexislaturas e con governos de moi distinta cor política, os que avala o valor e o interese deste proxecto colectivo de custodia fluvial, que pretende -e está a conseguir- unir ríos e persoas.
< Anterior   Seguinte >
go to top