Eliminación de EEI no río Limia Imprimir E-mail
dscn3818.jpgO día 16 de setembro realizaremos unha nova actuación de eliminación de EEI no ZEC Río Limia sobre a Ludwigia grandiflora.
Será a terceira actuación que servirá para valorar os efectos acadados nas xornadas desenvolvidas en 2015 e 2016. Nesta nova acción voltaremos ao mesmo treito do río Limia para retirar a L. grandiflora. Compararemos así os efectos dos traballos desenvolvidos nos anos anteriores e ampliaremos a superficie de eliminación. Pódese consultar a crónica da actuación do ano pasado nesta ligazón.
Para participar é preciso inscribirse cubrindo a Ficha_Inscricion_Limia_2017.doc.
A actividade é gratuíta e durará toda a mañá e parte da tarde. O voluntariado contará cun seguro de accidentes e terá a manutención cuberta.
Pódese descarregar tamén o Cartaz da Xornada
< Anterior   Seguinte >
go to top