ADEGA e a CHMS renovan o convenio para o desenvolvemento do Proxecto Ríos na bacía do Miño-Sil Imprimir E-mail
img20170928wa0006.jpgADEGA asinou o pasado 27 de setembro, un convenio coa Confederación Hidrográfica Miño-Sil (CHMS) para o desenvolvemento de actividades con voluntariado na bacía do Miño-Sil durante o 2017 dentro do programa Proxecto Ríos. O presidente da CHMS, Francisco Marín e a presidenta de ADEGA, Virginia Rodríguez, asinaron dito convenio por un importe de 10.000€, cos que se realizarán actividades de divulgación e posta en valor da riqueza natural dos ríos da bacía do Miño-Sil. Entre outras accións, desenvolverase un campo de voluntariado ambiental no río Tea, saídas formativas con voluntariado e roteiros interpretativos na contorna da bacía do Miño-Sil, así como a X Limpeza Simultánea de Ríos.
< Anterior   Seguinte >
go to top