Crónica do Campo de Voluntariado Ambiental no río Tea Imprimir E-mail
img_20171020_203433.jpgOs días 20, 21 e 22 deste mes de outubro foron os escollidos para continuar unha vez máis coas actividades deste proxecto que ADEGA levou a cabo a través do Programa de Voluntariado en Ríos, do Ministerio de Agricultura, Alimentación e Medio Ambiente –MAGRAMA– dende o ano 2007. Este ano 2017 voltamos a contar coa colaboración da Confederación Hidrográfica do Miño-Sil. Como noutras veces, o voluntariado contou coa ferramenta axeitada para a realización das actividades de eliminación, un seguro de responsabilidade civil e accidentes colectivos, o aloxamento, manutención e actividades complementarias como un roteiro polo río Alén que serviu para coñecer máis de cerca os valores naturais que alberga a conca do río Tea.
Sobre a media tarde do venres 20 a vila de Mondariz foi testemuña da acollida da maioría do voluntariado para, dende alí, desprazármonos ata o albergue Alentea. Logo de deixar os macutos, explicóuselles ao voluntariado a traxectoria do Proxecto Tea, os traballos desenvolvidos dende o 2008 así como a problemática que as especies exóticas invasoras xeneran sobre o medio fluvial. Houbo tamén oportunidade de que coñeceran o proxecto de Rede Galega de voluntariado ambiental para a identificación e localización de EEI da plataforma biodiversidade.eu.
Como peche da xuntanza, fíxose entrega de documentación sobre especies invasoras xunto co prograimg_20171021_111926.jpgma da fin de semana e a metodoloxía de traballo, as normas de seguridade, os seus dereitos e deberes, etc. Aproveitamos o resto da noite para coñecernos e cear no albergue, desfrutando da marabillosa cociña de María e Josu.
O sábado, despois do almorzo, recollemos a ferramenta e desprazámonos ata a zona de traballo. Logo de cruzar o río polos Pasos de Tatín, podemos ver os lugares onde se traballou nos campos anteriores na eliminación de mimosa (Acacia dealbata), onde hoxe en día case non se atopan individuos da especie invasora, e onde si se identificaron numerosas especies herbáceas autóctonas.
 
img_20171021_113036.jpgLogo, seguindo o curso do río, nunha das zonas de traballo dos anos pasados, nun afloramento areoso á beira do río, atopamos a presenza da invasora (Phytolacca americana) máis coñecida como Herba tintureira; procedeuse a súa eliminación con moito tento, pois a maioría atopábase con flor e non interesaba a súa dispersión por semente. Nesta mesma zona tivemos que repasar os brotes de A. dealbata que aínda medraban. Collendo camiño ata a seguinte mancha, observamos que nunha zona os rebrotes de A. dealbata e A. melanolylon eran máis numerosos, procedeuse a súa eliminación.
Ás 14:30 dispuxemos unha zona para xantar á beira do río onde demos boa conta dos bocadillos e froita preparados por Josu e Mari.
 
img_20171021_114847_1.jpgXa pola tarde, o grupo desprazouse cara outra zona onde o traballo non puido cos folgos do voluntariado a pesares do número de pés rebrotados, pero o esforzo valeu a pena, pois non quedou ningún exemplar. Logo fixemos un inciso para coñecer a zona de traballo do bambú (Phyllostachys sp.), podendo dicir que quedou practicamente limpa desta perigosa especie invasora, agás 2 ou 3 pequenos pés que se localizaron nesta ocasión.
Voltando a zona de traballo, os voluntarios/as traballaron duramente levantando raíces, sachando, serrando, arrincando e recollendo os restos das mimosas. Deixouse así limpa a zona de mimosa e acacia negra. Despois dunha longa e solleira xornada, deuse por rematada sobre ás 18:00 do serán, para unha vez collidos os coches, nos dera tempo a voltar ao albergue, asearnos e disfrutar unha vez máis da maravillosa cea. Logo, fomos estirar as pernas facendo un pequeño roteiro nocturno polos arredores do albergue.
 
img_20171022_111225.jpgÁ mañá seguinte, tras almorzar, reunímonos no albergue para facer unha posta en común dos traballos realizados o día anterior. Unha vez feito o apuntamento das propostas de mellora do grupo de voluntariado, comezamos o roteiro polo río Alén. Puidemos ver a flora característica que acompaña ás carballeiras termófilas que habitan nesta comarca. Puidemos tamén ver a Woodwardia radicans, fento relicto do terciario que aínda vive nestes paraxes, testemuño de épocas climáticas pasadas. A continuación fomos ata a capela da Inquisición onde degustamos un xantar de campo para coller forzas e rematar o campo de voluntariado coa visita á reitoral e á igrexa de Barciademera.
img_20171022_160707.jpg Nesta ocasión foi María a que nos ilustrou sobre os elementos arquitectónicos máis salientables destes edificios. Rematado o roteiro, non puidemos rexeitar a invitación de María a voltar ao albergue a disfrutar dese cafeciño tan apetecible a esas horas da tarde. Aproveitando o encontro, despedímonos do grupo de voluntarios/as que participaron na décima edición dos campos de voluntariado do río Tea.
< Anterior   Seguinte >
go to top