Crónica do Roteirríos polo Navea Imprimir E-mail
img20171031wa0007.jpgO pasado 28 de outubro realizamos o Roteirríos do Proxecto Ríos, desta volta polo río Navea en Ourense. Roteirríos é unha iniciativa que pretende unir ríos e persoas, achegando os cursos fluviais á cidadanía nun ambiente lúdico así como dar a coñecer o seu patrimonio natural e cultural asociado.
No 2017 imos xa pola décima edición deste programa. O Roteirríos deste ano estaba adicado a coñecer unha das Reservas Naturais Fluviais declaradas pola Confederación Hidrográfica Miño – Sil. Estes espazos conservan practicamente intactos os seus valores naturais pola baixa presión antrópica que posúen. A do río Navea está situado nunha zona elevada do Macizo Central Ourensán con un elevado valor paisaxístico e natural.
img20171031wa0004.jpgÁs 10:30 horas da mañá quedamos na cola do Encoro de Chandrexa de Queixa lugar de comezo do Roteiro e final da RNF segundo o mapa. O río Navea é un afluente do río Bibei, na conca do río Sil. Nace no Macizo Central Ourensán e no treito percorrido divide o ZEC Macizo Central Ourensán e o ZEC Bidueiral de Montederramo. É un río de alta montaña coas características que definen a estes, augas claras, frías e transparentes.
Logo dunha breve presentación e observación no mapa do treito a percorrer puxémonos en marcha. Antes de saír puidemos comprobar que boa parte das zonas altas da Serra estaban queimadas. Logo observaríamos que tería consecuencias no río.
 
 
img20171031wa0014.jpgA paisaxe que nos atopamos, máis aló do monte queimado, foi un río de montaña a finais do verán e comezo de outono. Caudal baixo e as árbores xa outoneando, moitas delas xa amarelas e caendo moitas follas. Gozamos da diversidade forestal, e con árbores coma carballos, bídalos, freixos, cerdeiras, salgueiros… e o fermoso exemplar de teixo da Ferrería. Na saída puidemos observar un exemplar de marta (Martes martes) e tres corzos (Capreolus capreolus) que se mostraron bastante confiados.
No camiño puidemos observar unha garza (Ardea cinerea) no río e ao achegarnos a este vimos unha grande cantidade de cinza nas beiras froito dos arrastres dos montes queimados. Aves como o miñato, tordos e corvos acompañáronnos no camiño así como bandos de úbalos recén chegados de terras norteñas. Chamounos atención e pouca cantidade de cogomelos, cousa normal debido a baixa pluviosidade destas últimas semanas.
Ás 17:30 regresamos ate a ponte do Navea e puxemos fin a este Roteirríos de 2017.
Seguinte >
go to top