Nun escrito dirixido ao Concello de Cuntis,con data de 15 de Setembro de 2006, a Asociación Cultural “O Fervedoiro” ven de facer pública a súa preocupación ante as continuas agresións que sufren os ríos Umia e Gallo ao seu paso polo Concello de Cuntis. |
|
O Sábado 30 de setembro de 2006, desenvolveuse o IV curso de formación de coordinadores/as do PR. na Estación Hidrobiolóxica “Encoro do Con”. Como xa ven sendo habitual, a participación foi numerosa. Achegáronse 35 persoas á Estación, moitas das cales son coordinadores de grupos pertencentes xa ao Proxecto Ríos. Outras, viñan por primeira vez. |
|
|
Nesta nova campaña que acaba de iniciarse, podemos salientar para o mes de setembro e outubro as seguintes actividades:
Presentacións en Concellos: Teo, Carballo, Rois, Vigo, Cotobade
IV Xornadas de Formación de Coordinadores de Grupo, 30 de Setembro na Estación de Hidrobioloxía do Encoro do Con, Vilagarcía de Arousa. |
|
|
O día 30 de Setembro terá lugar na Estación de Hidrobioloxía do Encoro do Con, (Vilagarcía de Arousa). as IV Xornadas de formación de coordenadores/as do Proxecto Ríos. Nestas IV Xornadas pretendemos incidir como cada ano no recoñecemento dos macroinvertebrados, especies fundamentais no noso traballo ao ser bioindicadoras.Para os/as que xa participaron en anos anteriores afondaremos en novos ámbitos; o manexo do sx-pac para localizar xeograficamente o treito de río os efectos da contaminación sobre a fauna e flora e o caso do río Umia. |
|
|
O día 23 de Setembro do 2006, coincidindo co Día do Río, imos realizar un roteiro no río Umia, para coñecer os efectos do vertido da empresa Brenntag, así como o sistema de depuración empregado. Contaremos coa participación de expertos da Estación de Hidrobioloxía do Encoro do Con, técnicos da consellería de medio ambiente e técnicos de Sogarisa.
ACTIVIDADE ADIADA POLA PREVISIÓN DE MAL TEMPO |
|
|
O 15 de setembro iniciase a campaña de outono do Proxecto Ríos, que se prolongará ata o 1 Novembro.
Todos e todas que o desexedes aínda estades a tempo para sumaros ao Proxecto, e se sodes xa membros e tedes algún problema, non dubidedes en poñervos en contacto con nos. Na actualidade somos xa 150 grupos os que estamos a traballar por toda a xeografía galega. SUMATE |
|
|
Voluntariado de Proxecto Ríos, ADEGA, xunto con expertos da estación de hidrobiooxía do Encororo do Con, colaborando con axentes de Conservación da Natureza, traballamos o domingo e luns na recollida selectiva de peixes vivos para a súa reubicación en treitos sanos do río. |
|
|
O incendio da petroquímica BERNNTAG en Caldas de Reis, provocou o vertido de substancias altamente tóxicas (ácidos, metais pesados, hidrocarburos aromáticos, organoclorados...) ao río Umia. Este verquido xa se extende por varios quilómetros, ocasionando a morte ao seu paso. Voluntarios/as de Proxecto Ríos, ADEGA e especialistas da Estación de Hidrobioloxía do Encoro do Con (Estación dependiente da USC), imos a traballar neste domingo na reubicación de peixes, que se atopan en zonas estancadas e con pouco osíxeno, o que ocasionaría a súa morte.
Para máis información ponte en contacto nos seguintes teléfonos: ADEGA: 981570099 Viqui (Proxecto Ríos): 650261283 |
|
|
|
<< Inicio < Anterior 1 2 3 4 5 6 7 8 9 Seguinte > Final >>
|
| Resultados 113 - 128 de 134 |