mollate.jpg
facebook_pr.jpg

Axenda

Actualmente, non hai actividades previstas.
Ver calendario completo

Acceso restrinxido

Nome de Usuario

Contrasinal

Lémbrate de mín
¿Esqueciches o contrasinal?

Boletín Gardarríos






O Proxecto Ríos participa no Plan Proxecta e Migranet
20121201_12.39.16_reducida.jpgO pasado sábado 1 de decembro, o Proxecto Ríos participou en diferentes congresos e xornadas.
Por unha banda asistimos como ponentes no Congreso de presentación do Plan Proxecta da Consellería de Educación. O Plan Proxecta é unha proposta para que os centros de ensino de Galiza traballen temáticas transversais co seu alumnado a través dun proxecto interdisciplinar. O Proxecto Ríos participa coa temática "Ríos". Os asistentes tiveron a oportunidade de coñecer máis de cerca os obxectivos e a metodoloxía que emprega o Proxecto Ríos, así como todas as actividades que, ao longo de todo o ano, se realizan cos grupos participantes.
Crónica do ConversaRíos 2012
cartaz.pngO Proxecto Ríos ven de celebrar as xornadas ConversaRíos 2012 na Casa da Cultura de Bertamiráns, no Concello de Ames. Desta volta propuxemos a realización de dous vídeo - forum relacionados coa auga e os ríos.
O día 28 foi a inauguración das actividades coa proxección do documental "Os Mares Doces de Galicia" de Manuel E. Garci, investigador do CSIC no Instituto de Investigacións Mariñas.
Conversarríos 2012
conversarios.jpgO Proxecto Ríos continúa coas actividades para este mes de novembro coa organización de ConversaRíos 2012. Este ano proxectaremos dous filmes relacionados coa auga e os ríos. Estas xornadas están dedicadas a poñer en valor a diversidade natural e cultural dos nosos ríos cun formato de charlas debate, neste caso coa realización de vídeo – fórums. Serán os días 28 e 29 na Casa da Cultura de Bertamiráns (Ames) ás 18:30h. Proxectaremos os documentais "Os Mares Doces de Galicia" e "Flow, por amor á auga". Podes descarregar o cartaz da actividade en PDF: Cartaz Conversarios 2012.pdf
Conservando o patrimonio etnográfico do río Gallo
lavado.jpgO proxecto Arredor da Auga é unha iniciativa de custodia fluvial que ADEGA en colaboración coa asociación O Fervedoiro promoven na vila de Cuntis. Enmárcase dentro dun proxecto maior que se desenvolve nas bacías do Ulla do Umia e do Lérez, e que pon en valor o patrimonio natural e cultural dos ecosistemas fluviais mediante iniciativas de entidades sociais
Fin da Campaña de Outono do Proxecto Ríos
dsc00141_reducida.jpg
O pasado 31 de outubro rematou a campaña de outono do Proxecto Ríos. Durante mes e medio o voluntariado saíu ao seu treito de río para estudar o estado ecolóxico no que se atopa. Ata o 15 de novembro podedes enviar os resultados das vosas inspeccións por correo postal (Travesa de Basquiños, 9 baixo, 15704 Santiago de Compostela) ou por mail ( ) á coordinación do Proxecto.
II ACTIVIDADE DO PROXECTO RÍOS COS GRUPOS DO PROXECTO MANDEO
O Proxectp1012184.jpgo Ríos ven de facer, o pasado sábado 27 de outubro, a segunda actividade cos grupos participantes no Proxecto Mandeo. Co obxectivo de que os participantes no Proxecto Mandeo poidan continuar coas actividades de coñecemento e custodia dos ríos da bacía do Mandeo dentro do Proxecto Ríos, organizouse esta actividade, que consistiu nunha inspección da calidade ecolóxica dun treito de río aplicando a metodoloxía do Proxecto Ríos. 
Coñecendo aos morcegos
image.jpgO pasado sábado 20 de outubro case medio cento de persoas xuntáronse no Centro de Educación Ambiental de O Rexo para asisitir a unha xornada de tarde e falar de morcergos, ríos e persoas.
Baixo o título de Participación social e consevación dos morcegos en ecosistemas fluviais, a xornada pretendía ser un espazo no que achegarnos ao mundo destes descoñecidos mamíferos voadores e por outra  banda coñecer diferentes experiencias para a súa conservación.

Inspección do Proxecto Ríos na UDC
cartaz_pr_2.jpg O próximo 23 de Outubro ás 11:00h a Oficina de Medio Ambiente (OMA) da UDC, xunto coa Asociación ecoloxista ADEGA organiza unha actividade do Proxecto Ríos que consistirá na inspección do río Lagar. Esta proposta ten o obxectivo de concienciar e sensibilizar á sociedade da importancia do coidado dos nosos ríos e a necesidade, por parte de todos, da súa boa conservación. Participa e colabora no coidado dos nosos ríos a partir do coñecemento da calidade do mesmo, ¡esperámoste!
<< Inicio < Anterior 1 2 3 4 5 6 7 8 9 10 Seguinte > Final >>

Resultados 145 - 160 de 379
go to top