mollate.jpg
facebook_pr.jpg

Axenda

Actualmente, non hai actividades previstas.
Ver calendario completo

Acceso restrinxido

Nome de Usuario

Contrasinal

Lémbrate de mín
¿Esqueciches o contrasinal?

Boletín Gardarríos






Máis de 500 persoas participaron na V Limpeza de ríos
gondomar_pedraghullo_2.jpgO sol brillou nunha fin de semana que moitos e moitas que pasamos mollándonos polos ríos na V Limpeza simultánea de ríos. Houbo grupos grandes e pequenos, de nenos e nenas e de maiores, limpáronse grandes ríos e tamén pequenos regatos. Pero todas e todos tiñamos o mesmo obxectivo: Coidar os nosos ríos e concienciar á sociedade da necesidade de que estén ben conservados. Podes ver o Mapa con todas as limpezas
Cronica das XVI Xornadas de Formación do PR
xvi_curso_de_formacin_2012_1.red.jpgO Proxecto Ríos ven de celebrar o XVI Curso de Formación para Coordinadores de Grupo o pasado sábado día 29 de setembro na Estación de Hidrobioloxía do Encoro do Con. Estes cursos teñen o obxectivo de facilitar a realización das inspeccións de río por parte do voluntariado participante e están, como sempre, centrados na identificación de macroinvertebrados. Ademais, desta volta, afondamos no recoñecemento da fauna piscícola dos nosos ríos.

XVI Xornadas de Coordenadores/as de grupo do PR
O próximo día255._curso_de_formacin_primavera_2012._def..jpg 29 de setembro, sábado, terán lugar na Estación de Hidrobioloxía do Encoro do Con (Vilagarcía de Arousa), as XVI Xornadas de formación de coordinadores/as do Proxecto Ríos. Dedicarémoslle un espazo do curso validar o Manual de Custodia Fluvial que editaremos este 2012. Aproveitaremos tamén para facer entrega do material do Proxecto Ríos aos novos grupos participantes. Ademais teremos unha conferencia de Rufino Vieira, Xefe da Estación do Encoro do Con, sobre os peixe que habitan nos ríos galegos. A sesión de tarde adicarémola como outros anos ao recoñecemento dos macroinvertebrados, epecies fundamentais no noso traballo.
Comeza a campaña de outono 2012
O 15 de sinspeccion.jpgetembro deu comezo a campaña de outono do Proxecto Ríos que se extenderá ate o 1 de novembro. Os grupos participantes poderán sair xa aos seus treitos de río para facer as inspeccións e enviar os datos obtidos ao Proxecto Ríos coa finalidade de elaborar o informe anual do estado de saúde dos ríos galegos. Os novos grupos podedes solicitar unha saída formativa no río que escolléchedes.
Recordarvos que o Curso de Formación será o día 29 de setembro na Estación de Hidrobioloxía do Encoro do Con, podedes anotarvos contactando coa coordinación do Proxecto Ríos.

V limpeza simultánea de ríos
limpeza.jpgVolvemos a mollarnos polos ríos, poñemos as botas e pretendemos deixalos libres do lixo que segue a aparecer nas nosas ribeiras e ríos. Queremos uns ríos limpos, queremos poder disfrutar dos nosos sistemas fluviais e queremos concienciar á sociedade da necesidade de que estes estén ben conservados.

Este ano será xa a V Limpeza Simultánea en ríos de toda Galiza, que se celebrará o domingo 30 de setembro. Nuns dias poderedes consultar toda a información na páxina web http://limpeza.proxectorios.org/.

 

Proxecto Ríos no 4º Congreso Estatal de Especies Exóticas Invasoras
cartelneobiota1.jpg12 de setembro 2012. ADEGA-Proxecto Ríos ven de participar no 4º Congreso Estatal de Especies Exóticas Invasoras. O congreso celebrouse en Pontevedra os pasados días 10 e 11 de setembro, dando paso a partir de hoxe ao Neobiota 2012 (Sétima conferencia Europea en Invasións Biolóxicas).

Foron numerosas as charlas que se sucederon durante estes dous días centradas nas invasións tanto de fauna como de flora na península ibérica e en países americanos. Destacouse a importancia das labores de seguimento de calquera acción de eliminación de invasoras, e a necesidade de previsión de medios para tal fin neste tipo de actuacións.

Read More
PR participa na mesa redonda EEI e voluntariado en Ríos
xacinto_de_auga.jpgO responsable dos programas Educativos e de voluntariado ambiental do Proxecto Ríos, Ramsés Pérez, participa, o xoves 12 de Xullo, na mesa redonda "Especies Exóticas Invasoras e voluntariado en Ríos, presentando o traballo desenvolvido no río Tea ao longo dos últimos 6 anos. Esta xornada terá lugar na sala de exposicións do MAGRAMA, as 12 horas.
Conclusións de seis anos de campos de voluntariado no río Tea
Logo da realizacimagen4.jpgión dos campos de voluntariado ambiental no río Tea correspondentes á convocatoria de 2012, dende o Proxecto Ríos iniciamos unha serie de charlas – café para comentar os resultados e conclusións destes seis anos nos que estivemos eliminando flora exótica no río Tea. A primeira destas conferencias será o día 10 de xullo de 2012 ás 18:30 na Rectoral de Fofe, concello de Covelo. Contaremos coa presenza de Esther de Castro, responsable do Programa de Voluntariado en Ríos da Confederación Hidrográfica Miño – Sil.
 

<< Inicio < Anterior 11 12 13 14 15 16 17 18 19 20 Seguinte > Final >>

Resultados 161 - 176 de 386
go to top