mollate.jpg
facebook_pr.jpg

Axenda

Actualmente, non hai actividades previstas.
Ver calendario completo

Acceso restrinxido

Nome de Usuario

Contrasinal

Lémbrate de mín
¿Esqueciches o contrasinal?

Boletín Gardarríos






Seminario Permanente de Voluntariado en Ríos
nova_normal_gardarrios.pngDo 20 ao 22 de abril celébrase en Valsaín (Segovia), no Centro Nacional de Educación Ambiental (CENEAM) o IX Seminario Permanente de Voluntariado en Ríos para a Conservación da Biodiversidade en Ríos e Ribeiras. Este Seminario integra a unha gran variedade de entidades que desenvolven experiencias de voluntariado en ríos, con diferentes obxectivos e metodoloxías de traballo, pero cun mesmo denominador común: a conservación dos ríos. O Proxecto Ríos participará presentando os proxectos, materiais e iniciativas que desenvolvemos arredor da custodia fluvial e a conservación dos nosos ecosistemas fluviais. Pódese consultar o programa completo: Programa Seminario, abril 2016.pdf
Comeza a campaña de primavera 2016
img20150525wa0004.jpgO 15 de abril da comezo a campaña de primavera do Proxecto Ríos que se extenderá ate o 1 de xuño. Animámosvos a que saíades ao vosos treitos de río para facer as inspeccións. Acordádevos de enviar os datos obtidos ao Proxecto Ríos coa finalidade de elaborar o informe anual do estado de saúde dos ríos galegos. Estará tamén dispoñible o Xeovisor do Proxecto Ríos para inserir os resultados das vosas inspeccións. Se non tedes as chaves para entrar na plataforma, contactade a través do teléfono (981 57 00 99) ou o correo electrónico:
Os novos grupos podedes solicitar unha saída formativa no río que escolléchedes. Recordarvos que o Curso de Formación será o día 23 de abril na Estación de Hidrobioloxía do Encoro do Con, podedes anotarvos contactando coa coordinación do Proxecto Ríos e podedes ver toda a información na nova do curso na web.
XXIII Xornadas de Formación do Proxecto Ríos
captura_cartaz_curso_formacion.pngO sábado 23 de abril, terán lugar na Estación de Hidrobioloxía do Encoro do Con (Vilagarcía de Arousa), as XXIII Xornadas de Formación de Coordinadores/as do Proxecto Ríos. A temática do curso será achegarnos ás especies de peixes exóticos dos nosos ríos e anunciar o mapeado participativo de EEI en Galicia. Aproveitaremos tamén para facer entrega do material do Proxecto Ríos aos novos grupos participantes. A sesión de tarde estará dedicada, como outros anos, ao recoñecemento dos macroinvertebrados, especies fundamentais no noso traballo. Podes descarregar o cartaz en PDF: XXIII Curso de formacion. Abril 2016.pdf
ADEGA e a CHMS asinan un convenio para o desenvolvemento do Proxecto Ríos na bacía do Miño Sil
img_0085_recortada_red.jpgADEGA asinou o pasado 11 de abril, un convenio coa Confederación Hidrográfica Miño-Sil (CHMS) para o desenvolvemento de actividades con voluntariado na bacía do Miño-Sil durante o 2016 dentro do programa Proxecto Ríos.
O presidente da CHMS, Francisco Marín e a presidenta de ADEGA, Virginia Rodríguez, asinaron dito convenio por un importe de 10.000€, cos que se realizarán actividades de divulgación e posta en valor da riqueza natural dos ríos da bacía do Miño-Sil. Entre outras accións, desenvolverase un campo de voluntariado ambiental no río Tea, saídas formativas con voluntariado e roteiros interpretativos na contorna da bacía do Miño-Sil, así como unha limpeza simultánea de ríos
O Proxecto Ríos nas XXII Jornadas de Educação Ambiental da ASPEA
imagen3.pngA Associação Portuguesa de Educação Ambiental (ASPEA) organiza as súas vixésimo segundas xornadas de educación ambiental que levan o título de "Encruzilhadas para a participação, cooperação e paz". Celebraranse en Viseu (Portugal) os días 8, 9, 10 de abril de 2016 e trataranse entre outros Eixos Temáticos: O papel dos mozos para Sociedades Sustentáveis, a Ecocidadania e a Ciência cidadá ou Proxectos e desafios para a cooperación nacional e internacional. Neste foro o Proxecto Ríos falará de Custodia Fluvial, presentando as iniciativas que se teñen desenvolvido nos últimos anos.
ADEGA e a Consellería de Medio Ambiente renovan o Proxecto Ríos
20160318_102917_red.jpgNo día Mundial da Auga, ADEGA ven de asinar coa Xunta, a través de Augas de Galicia e o Instituto de Estudos do Territorio, pertencentes á Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, a continuidade do Proxecto Ríos para 2016. A presidenta de ADEGA e Coordinadora do proxecto, Virginia Rodríguez, asinou o convenio de colaboración que dota de orzamento ao Proxecto Ríos, coa Conselleira de Medio Ambiente, Beatriz Mato.
Na actualidade, o Proxecto Ríos conta con 322 grupos de voluntarios/as que supoñen a participación de máis de 3.500 persoas no estudo e conservación dos ríos. Este convenio permitirá desenvolver actividades de capacitación do voluntariado fundamentais para acadar unha participación activa da cidadanía na conservación dos ecosistemas fluviais. Son 12 anos xa de traballo continuo, ao longo de tres lexislaturas e con governos de moi distinta cor política, o que avala o valor e o interese deste proxecto colectivo de custodia fluvial, que pretende unir ríos e persoas.
Xa podes solicitar unha saída formativa
imagen_018_red.jpgDende a coordinación do Proxecto Ríos, xa estamos programando diferentes saídas formativas para a campaña de primavera.
Todos e todas que o desexedes aínda estades a tempo para sumaros ao Proxecto, e se sodes xa membros e queredes solicitar algunha saída formativa ou tedes algún problema, non dubidedes en poñervos en contacto con nos.
Na actualidade somos xa 322 grupos os que estamos a traballar por toda a xeografía galega. SÚMATE!
Solicita a túa saída:
Telfnos: 981 57 00 99 / 619 672 038
Crónica Roteirríos polo Arnego
dscn2804.jpgO pasado 12 de marzo deu comezo o programa de itinerarios do Proxecto Ríos Roteirríos. Unha iniciativa que pretende unir ríos e persoas, achegando os cursos fluviais á cidadanía nun ambiente lúdico así como dar a coñecer o seu patrimonio natural e cultural asociado. En 2016 imos xa pola novena edición deste programa. Comezamos facendo unha visita ao río Arnego no espazo que corresponde ao LIC Sobreirais do Arnego da Rede Natura 2000 Ruta_Arnego_Sobreiral
Ás 11:00 horas da mañá do 12 de marzo démonos cita cos participantes a este primeiro roteiro na área recreativa de Carmoega no concello de Agolada. O río Arnego é un afluente do río Ulla que nace na serra do Faro e que atravesa a comarca do Deza en dirección norte ata desembocar no encoro de Portodemouros, de feito nace e morre no mesmo lugar: nace en Arnego de Rodeiro (Serra do Faro) e desemboca en Arnego de Vila de Cruces. En moitos treitos da ruta o río vai moi encaixado entre rochas básicas e xistos. É un espazo moi singular no que se mesturan especies vexetais atlánticas e mediterráneas.
Podes ver o álbum de fotos da xornada AQUÍ
<< Inicio < Anterior 1 2 3 4 5 6 7 8 9 10 Seguinte > Final >>

Resultados 33 - 48 de 379
go to top