mollate.jpg
facebook_pr.jpg

Axenda

Actualmente, non hai actividades previstas.
Ver calendario completo

Acceso restrinxido

Nome de Usuario

Contrasinal

Lémbrate de mín
¿Esqueciches o contrasinal?

Boletín Gardarríos






VII xornadas de formación de coordenadores do PR

formacion4.jpgO día 19 de Abril terá lugar na Estación de Hidrobioloxía do Encoro do Con, (Vilagarcía de Arousa). as VII Xornadas de formación de coordenadores/as do Proxecto Ríos. Nestas VII Xornadas pretendemos incidir como cada ano no recoñecemento dos macroinvertebrados, especies fundamentais no noso traballo ao ser bioindicadoras.Para os/as que xa participaron en anos anteriores afondaremos en novos ámbitos; As especies invasoras, a segunda causa de perda de biodiversidade despois da destrucción de hábitats.

Cartaz das xornadas VI IXornadas de coordenadores prim. 08.pdf VI IXornadas de coordenadores prim. 08.pdf (461.79 KB)

Participa no proxecto sobre a fenoloxía aplicada aos ríos
xemas.jpgMediante unha saída sinxela pretendemos elaborar un mapa sobre a situación das árbores de ribeira. Esta actividade mostraranos unha “instantánea” da situación das especies seleccionadas ao longo do país Pretendemos facer unha saída concentrada en tres días, 11, 12 e 13 de abril.
Roteirríos 08 LIC Carballeiras do Tambre
tambre1.jpgO día 8 de marzo ADEGA e o Proxecto Ríos comezaron a segunda edición do programa de roteiros relacionados cos ríos do noso territorio. Este ano quixemos vencellar os percorridos cos ecosistemas fluviais que están incluídos dentro da Rede Natura 200 en Galiza.

 

Participa no roteirríos 08

rr08.jpgRoteirríos é un programa de itinerarios organizado polo Proxecto RÍOS que pretende unir ríos e persoas, Continuamos coa andaina iniciada o ano pasado tentando achegar os cursos fluviais á cidadanía nun ambiente lúdico, asi como dar a coñecer o patrimonio natural, cultural e social asociado. Ríos + Rede Natura: na edición de 2008 irnos achegamos a ríos que estean incluidos na Rede Natura, para coñecer os seus valores e as súas ameazas: LIC río Tambre (8 de marzo); LIC Parga-Ladra-Támoga (26 de abril); LIC Macizo Central (24 de maio).

Participa en ROTEIRRÍOS! Baixa oROTEIRRIOS2008.pdf ROTEIRRIOS2008.pdf (1.60 MB)

 

CalendaRIO 2008

calendario20.jpgVimos de publicar o novo calendaRIO 2008, onde se recollen as actuacións mais significativas que imos desenvolver dende o Proxecto Ríos. Este ano está adicado as libélulas, e nel atoparedes as datas dos IV Encontros de Voluntariado do PR, os cursos de Formación así como as datas dos Roteirríos, que este ano están adicados a ríos  asociados a LICs da rede Natura 2000

Se estás interesado/a nel ponte en contacto coa coordinación do proxecto ou descargao calenario.pdf CalendaRIO (818.73 KB).

Presentación do Informe Anual 2007 sobre o estado de saúde dos ríos galegos
informe2.jpgO Proxecto Ríos, presentou o Informe 2007, sobre o estado de saúde dos ríos galegos. Neste informe recollese o estado dos ríos galegos, froito das analises efectuadas nas campañas de primavera e outono,polos distintos grupos de voluntarios/as do país. Presentaronse os resultados das inspeccións dos grupos de voluntarios/as, así como a metodoloxía empregada na realización do informe, e as actividades máis importantes realizados durante o ano 2007. O Informe anual permite indicar o estado de saúde das diferentes bacias a partir  dos indicadores empregados polos participantes. Descarrega o informe Informe Anual 2007.pdf Informe Anual 2007.pdf (1.72 MB)
Proxecto Ríos participou no I Encuentro Andarríos 2007
cabecera2.jpgO 30 de novembro 2007, tivo lugar en Cordoba, o Encuentro Andarríos 2007.O Proxecto Ríos, estivo presente na mesa redonda da tarde, onde se presentaron diferentes experiencias do Estado de voluntariado para a conservación de ríos
Exposición fotográfica da asociación de troiteiros río Furelos

fureloscompr.jpgEste mércores día 21 a asociación de troiteiro río Furelos, escomenzou unha campaña de Defensa do Medio Ambiente, realizando no Multiusos de Melide unha exposición fotográfica, acompañada dunha charla-debate  e da proxección audivisual do desastre.sobre o desastre ecolóxico ocurrido o pasado día 11 de setembro no río Catasol..

<< Inicio < Anterior 21 22 23 24 25 Seguinte > Final >>

Resultados 321 - 336 de 386
go to top