mollate.jpg
facebook_pr.jpg

Axenda

Actualmente, non hai actividades previstas.
Ver calendario completo

Acceso restrinxido

Nome de Usuario

Contrasinal

Lémbrate de mín
¿Esqueciches o contrasinal?

Boletín Gardarríos






NOVA DATA 23 de Xuño. En canoa polo Miño

en_canoa_copia.jpg

                                        A  canoa permítenos coñecer o río dende dentro e nun medio de transporte respetuoso co medio. No roteiro que vos propoñemos, entre a Barcela e As neves, experimentaremos augas bravas, e en todo momento estaremos compañados pormonitores de Arrepions, que nos explicaran como pasar polos rápidos e nos axudarán se temos algunha dificultade.

V Xornadas de formación de coordinadores/as de grupo do PR
curso.jpgO día 21 de Abril terá lugar na Estación de Hidrobioloxía do Encoro do Con, (Vilagarcía de Arousa). as V Xornadas de formación de coordenadores/as do Proxecto Ríos. Nestas V Xornadas pretendemos incidir como cada ano no recoñecemento dos macroinvertebrados, especies fundamentais no noso traballo ao ser bioindicadoras.Para os/as que xa participaron en anos anteriores afondaremos en novos ámbitos; A Directiva Marco da Auga e os sistemas descentralizados e naturais de tratamento de augas residuais.
COMEZA a Campaña de Primavera 07

narciso.jpgO 15 de Abril iniciase a campaña de primavera do Proxecto Ríos, que se prolongará ata o 1 de Xuño.

Todos e todas  que o desexedes aínda estades a tempo para sumaros ao Proxecto, e  se sodes xa membros e tedes algún problema, non dubidedes en poñervos en contacto con nos.

Na actualidade somos xa 215 grupos as que estamos a traballar por toda a xeografía galega. SUMATE

 

14 de Abril. En bici pola Ecopista do miño

en_bici_copia.jpgO antigo caminho de ferro que unía as localidades de Valença e Monçao, converteuse na primeira via verde de Portugal, baixo o nome de Ecopista do Miño. Conta con 13 Km de via ciclábel que discorren a beira do río Miño, por lugares de alto valor ecolóxico, incluídos dentro da rede Natura 2000. No percurso poderemos contemplar as ínsuas e fértiles veigas do Miño, aves linmícolas, acuáticas así como matas ripícolas. Na Ponte Seca (Valença), adaptouse a antiga casa da Vigia como centro de Interpretación.

 
ADEGA e Proxecto Ríos, celebran o Día Mundial da Auga
augavida.gifNeste día ADEGA e o Proxecto Ríos queren resaltar, como veñen facendo durante o resto do ano, a importancia da educación ambiental e da participación social como ferramenta fundamental para acadar a sustentabilidade. O Proxecto Ríos ven a cubrir un baleiro existente na Galiza respecto a participación cidadá no ámbito fluvial, tal e como se recolle na Directiva Marco da Auga (DMA). Facemos nosas as posibilidades de participación que ofrece esta Directiva Marco, comprometéndonos a extender dinámicas participativas que permitan achegar á cidadanía unha Nova Cultura da Auga.
24 de marzo. A pé polo río Tea

a_p_copia.jpgRoteiro polo LIC Río Tea, coordinado por ADENCO, camiñando pola beira do Tea e do seu afluente o Uma. Se temos sorte poderemos ver o merlo rieiro, a garza, o martín peixeiro, ...  E están tamén, as árbores, os mexillóns de río, os muíños, as pontes, as freixas, a paisaxe. Todo para descubrir un lugar marabilloso cheo de riqueza que aínda non perdemos.

Presentación do Libro O Tempo dos Ríos

rios.jpgO mércores, 14 de Marzo, as 20:00h, vai ter lugar no local de ADEGA (Travesa de Basquiños, 9) a presentación do libro O Tempo dos Ríos, coordenado por Francisco Javier Martinez Gil e Manuel Soto Castiñeira. Se o primeiro foi presidente da asociación ecoloxista ADEGA, Martínez Gil está considerado como pai da expresión "Nova cultura da auga"e autor do seu contido doutrinal.

II Encontro "Pelo río Sabor" nos días 10 e 11 de Marzo
advert60.jpgNos dias 10 e 11 de Março vai decorrer o II Encontro "Pelo Rio Sabor" no concelho de Mogadouro (Portugal), recordando a concentração que ocorreu em 2004 em que se reuniram ali cerca de 400 pessoas de todo o país. Será um evento que pretende englobar uma descida de canoa/kayak de um troço do rio Sabor, e passeios temáticos nas suas margens orientados para temas relacionados com o rio. Esta será mais uma óptima oportunidade para se conhecer este magnífico rio.
<< Inicio < Anterior 21 22 23 24 25 Seguinte > Final >>

Resultados 337 - 352 de 386
go to top