mollate.jpg
facebook_pr.jpg

Axenda

Actualmente, non hai actividades previstas.
Ver calendario completo

Acceso restrinxido

Nome de Usuario

Contrasinal

Lémbrate de mín
¿Esqueciches o contrasinal?

Boletín Gardarríos






O Proxecto Ríos recomenda o libro O tempo dos ríos

libroriosiii.jpgEste libro é publicado pola Universidade da Coruña, e os seus coordenadores son Francisco Javier Martínez Gil, Catedrático de Hidrobioloxía  da Universidade de Zaragoza, e pai da expresión "Nova Cultura da Auga" e Manuel Soto Castiñeira, profesor titular de Enxenería Química na Universidade da Coruña e membro dende 1990 da xunta directiva de ADEGA. Neste libro recóllese o conflicto da auga na actualidade, a calidade das augas subterráneas, fluvias e costeiras, a planificación hidrolóxica na Galiza, así como a problemática ambiental e social en diversos ríos galegos, en definitiva fai un percorrido dende a emotividade da situación dos ríos galegos ao longo destos últimos anos.

Presentación do Informe 2006 sobre o estado de saúde dos ríos Galegos
informe06.jpgO Proxecto Ríos, presentou o Informe 2006, sobre o estado de saúde dos ríos galegos. Neste informe recollese o estado dos ríos galegos, froito das analises efectuadas polos distintos grupos de voluntarios/as do país. Presentaronse os resultados das inspeccións dos grupos de voluntarios/as, así como a metodoloxía empregada na realización do informe, e as actividades máis importantes realizados durante o ano 2006. O Informe anual permite indicar o estado de saúde das diferentes bacias a partir  dos indicadores empregados polos participantes.
Novo libro sobre macroinvertebrados das augas doces galegas

macro2.jpgFernando Cobo Gradín e Marcos González González, Director e Subdirector da Estación de Hidrobioloxía do Encoro do Con, respectivamente, veñen de publicar un libro titulado “Macroinvertebrados de las aguas dulces de Galicia” (Hercules de Ediciones). Neste libro colaboraron tamén Rufino Vieira Lanero e María José Servía García técnicos da Estación de Hidrobioloxía do Encoro do Con,  equipamento moi coñecido polos voluntarios e voluntarias do Proxecto Ríos, xa que é o lugar onde realizamos os cursos de formación para o voluntariado do Proxecto.

 

O Proxecto Ríos participa no V Congreso Ibérico de gestão e planeamento da água

logo.jpgEntre os días 4 e 8 de decembro vai ter lugar o V Congreso Iberico de gestão e planeamento da água na localidade portuguesa de Faro. O Proxecto Ríos participa cunha comunicación oral, no painel Participação dos cidadãos e comunicação social sobre a água. Nesta area temática abordaranse as formas e posibilidades de participación dos cidadáns/as nas decisións sobre a xestión da auga.

 

 

O Proxecto Ríos participa nun seminario sobre o voluntariado ambiental nos ecosistemas fluviais

fichas.jpgO seminario terá lugar os días 27 e 28 de Novembro no CENEAM (Centro Nacional de Educación Ambiental) e ten por título “Seminario Validación do Protocolo para o deseño e Implementación de programas de voluntariado ambiental en dominio público hidraulico” das sesións de traballo programadas sairá o Marco que permita deseñar, implementar e avaliar as boas prácticas do voluntariado ambiental no DPH.

ADEGA-Costa da Morte súmase ao PR con catro grupos

carballo.jpgO Sábado, 18 de Novembro, realizouse unha saída formativa no río Rosende, para presentar a metodoloxía do Proxecto Ríos. Unha veintena de participantes asistiron á saída, e constituíronse catro grupos de voluntarios e voluntarias que inspeccionaran  os ríos do Concello de Carballo

Saída formativa do PR en Carballo

pr_mio_28_iviout06.jpgEste sábado 18 de novembro pola mañá o Proxecto Ríos realizará unha saída formativa no Concello de Carballo.
As persoas que queiran sumarse a saída poden achegarse o sábado 18 as 10:30 ao concello de Carballo; dende alí desplazaremonos ao rio Rosende, na parroqua de Artes, Lugar do Forno (estrada Carballo-Ordes).

Na saída realizarase un estudo do ecosistema acuático tanto dende un punto de vista bioloxico como físico-químico. Os datos recollidos sumaranse aos do informe anual do estado de saúde dos ríos galegos 

 

O Proxecto Ríos realiza as últimas saídas na campaña do Outono do 2006
grupo_inspector_mondego_out05.jpgAs saídas formativas centran as actividades desta semana. A pesares de que a campaña de outono finalizou hai algúns dias (o 1 de novembro) algunhas actividades foron adiadas ate a chegada do bo tempo preciso para sair ao río. Así, nesta semana realizaranse as últimas saídas formativas deste ano, e cuios datos se incluiran no Informe do Estado de Saúde dos Ríos Galegos,
<< Inicio < Anterior 21 22 23 24 25 Seguinte > Final >>

Resultados 353 - 368 de 386
go to top