vending machine . landlord insurance quote
mollate.jpg
facebook_pr.jpg

Axenda

Actualmente, non hai actividades previstas.
Ver calendario completo

Acceso restrinxido

Nome de Usuario

Contrasinal

Lémbrate de mín
¿Esqueciches o contrasinal?

Boletín Gardarríos






I Encontro Itinerante Interríos Galiza 2006

ra_dezporcen.jpgO I Encontro Itinerante Interríos pretende ser un espazo para unir ríos e persoas. Durante nove días  percorreremos o país coñecendo os ecosistemas fluviais galegos e facendo actividades ao arredor deles, roteiros, visitas a equipamentos, rafting, inspección de ríos, etc, serán algunhas das actividades.

O Campamento é gratuíto, so tendo que pagar os participantes o seu desplazamento a Santiago de Compostela , dado que hai un número limitado de plazas (30), se estás interesado apuntate canto antes.

II Encontro do Voluntariado do Proxecto Ríos

presentacin.jpgO II Encontro de Voluntariado tivo lugar o día 17 de xuño do 2006, no auditorio do concello de Lalín, (concello colaborador do PR), pretende ser o espazo de encontro do voluntariado que está a participar no proxecto, e o espazo onde compartir as experiencias e as actividades que se están a desenvolver nos distintos concellos.

III Curso de Formación de coordenadores de Grupo do PR
formacioni.jpgO 6 de maio celebrouse na Estación de Hidrobioloxía do Encoro do Con o “III Curso de Formación” de coordinadores de grupos e voluntarios do Proxecto Ríos co obxectivo de aportar coñecementos para un bo desenvolvemento do proxecto.
Presentación no ceida, do convenio entre o Proxecto Ríos e a Xunta de Galicia

presentacin_oleiros_reucida.jpgADEGA, presentou o 22 de Abril, no ceida, o convenio do Proxecto Ríos coas direccións xerais de Xuventude e Solidariedade (Vicepresidencia da Igualdade e do Benestar) e Desenvolvemento Sostible (Consellería de Medio Ambiente e Desenvolvemento Sostible.

Comeza a CAMPAÑA DE PRIMAVERA

garzareducida.jpgO 15 de Abril iniciouse a campaña de primavera do Proxecto Ríos, que se prolongará ata o 1 de Xuño.

Todos e todas  que o desexedes aínda estades a tempo para sumaros ao Proxecto, e  se sodes xa membros e tedes algún problema, non dubidedes en poñervos en contacto con nos.

Na actualidade somos xa 130 grupos as que estamos a traballar por toda a xeografía galega. SUMATE

ACTIVIDADES PREVISTAS PARA ABRIL-MAIO

ranita_de_san_antn.jpgNesta nova campaña que acaba de iniciarse, podemos salientar para o mes de abril e maio as seguintes actividades:


Presentacións en Concellos: Carballo, Miño, Guitiriz e Boiro

III Xornadas de Formación de Coordinadores de Grupo,    6 de Maio na Estación de Hidrobioloxía do Encoro do Con, Vilagarcía de Arousa.

Presentación do Proxecto Ríos nos Concellos de Guitiriz e Lalín

encontros_volunt_pr_comprimido.jpg

O 17 de Marzo do 2006, as 20:00h, na Casa da Xuventude de Lalín, presentaremos o  Proxecto Ríos e faremos entrega ao alcalde de Lalín  da placa de Entidade Colaboradora.

O 21 de Marzo do 2006, as 17:00h co gallo do dia da auga, realizaremos a presentación do Proxecto Ríos no Concello de Guitiriz. A continuación saíremos ao río Pontiñas, onde realizaremos unha saída formativa, para que todolos/as veciños/as  de Guitiriz poidan sumarse ao Proxecto Ríos.

A ILP aceitada a trámite no parlamento
copia_de_xornadas.jpg Este martes 21 de febreiro pasará á historia da loita ecoloxista e social do povo galego, ao terse aprobado por primeira vez no Parlamento unha Iniciativa Lexislativa Popular. Defendida na tribuna por Daniel López Vispo, membro da Comisión Promotora e Secretario Xeral de ADEGA, a ILP en defensa dos ríos pasou con 38 votos a favor (grupos que apoian ao governo) e 35 en contra (PP).
<< Inicio < Anterior 21 22 23 24 Seguinte > Final >>

Resultados 369 - 379 de 379
go to top