Os ríos galegos experimentaron un leve empeoramento tanto no estado de saúde como na calidade do bosque de ribeira. O Proxecto Ríos, iniciativa promovida por ADEGA, presenta o Informe 2008 sobre o estado de saúde dos ríos galegos. No informe preséntanse os resultados das análises efectuadas nas campañas de primavera e outono, polos distintos grupos de voluntarios/as ao longo de todo o país. O Informe Anual permite aproximarnos ao estado de saúde das diferentes bacías a partir de determinados indicadores empregados. Podes descargar eiquí o INFORME RÍOS 2008 (4.62 MB). |
|
|
Este ano, no II Campamento de Voluntariado Ambiental no río Tea realizaronse traballos de eliminación de flora exótica invasora. Nas charlas que terán lugar o día 12 de decembro as 17:00 da tarde e o 13 as 12:00 nos concellos de Covelo e Mondariz, respectivamente, explicaránse as labores realizadas e os resultados obtidos no campamento, que se desenvolveu durante tres fins de semana no mes de outubro. Ademais se presentarán as actuacións futuras previstas para proximos campamentos.
Descarrega os cartaces Charla_o_Covelo.pdf Cartaz_charla_Mondariz.pdf
|
|
Como primeira actividade da nova campaña pola defensa dos ríos galegos ADEGA organiza un concurso fotográfico para porlle cara ás agresións que sofren as nosas augas continentais. A participación está aberta até o 12 de xaneiro de 2009. Baixa o díptico coas BASES (0,6 MB) do concurso, apóntate, colle a cámara e móllate polos nosos ríos! |
|
 O día 31 de Outubro rematou o prazo para realizar as inspeccións dentro da campaña de outono. Até o día 20 de Novembro tedes tempo para achegarnos as vosas follas resumo, co fin de elaborar o Informe Anual do Estado de Saúde dos ríos Galegos |
|
|
O pasado domingo 26 concluiu o II Campamento de Volutariado Ambiental do río Tea organizado polo Proxecto Ríos ao abeiro das axudas do Ministerio de Medio Ambiente e Rural e Mariño. O campamento adicado á eliminación especies de flora exotica invasora tivo unha grande acollida e nel participaron unhas 90 persoas. Dende o Proxecto Ríos queremos agradecerlle as participantes a súa colaboración e esperamos que en próximas edicións poder acoller a todas aquelas persoas que quixeron participar e non o puideron facer.
Podes ver maís fotos do campamento na galería de imaxes
|
|
ADEGA-Proxecto Ríos participou no II seminario Permanente: Voluntariado para a conservación da biodiversidade, organizado polo CENEAM, os días 17, 18 e 19 de Outubro. Neste seminario traballaronse aspecto como a seguridade e hixiene dos voluntarios nos proxectos de voluntariado, os seguros necesarios para afrontar as tarefas e procesos partipativos na avaliación dos difeentes programas co voluntariado en ríos.Descarrega o programa Programa_Seminario_(V_definitiva).doc |
|
O pasado 4 de outubro, tivo lugar a limpieza masiva de ríos organizada polo Proxecto Ríos en colaboración con asociación, concellos e voluntarios a titulo persoal, Fomos mais de 400 persoas organizadas as que fixemos unha limpeza ecolóxica dos río galegos. A cantidade de lixo recollida superou as 50 Tn. |
| |
|
|
|
<< Inicio < Anterior 1 2 3 4 5 6 7 8 9 Seguinte > Final >>
|
| Resultados 49 - 64 de 134 |