Axenda

Actualmente, non hai actividades previstas.
Ver calendario completo

Acceso restrinxido

Nome de Usuario

Contrasinal

Lémbrate de mín
¿Esqueciches o contrasinal?

Boletín Gardarríos Dixital






Premiados no sorteo de Nadal 2007

final.jpgNo sorteo de nadal, consistente no sorteo dos libros O tempo dos ríos coordenado por Francisco Javier Martínez Gil e Manuel Soto Castiñeira e editado pola Universidade da Coruña, e do libro Macroinvertebrados de las aguas dulces de Galicia” (Hercules de Ediciones), de Fernando Cobo Gradín e Marcos González González, resultaron premiados:

Paula Domínguez Pérez, participante do Proxecto Ríos, co voluntariado de Porriño, e o IES Castro de Baronceli, de Verín, voluntarios e voluntarias no río  Támega.

O Proxecto Ríos inaugura sede o 20 de Xaneiro

fachada2.jpgO sábado 20 de xaneiro, as 19:00h, convidamosvos á inauguración do novo local de Proxecto Ríos, nova sede de ADEGA. O local está situado na rúa Travesa de Basquiños, nº9, en Santiago de Compostela. Neste local comenzamos a traballar dende o luns 4 de decembro.Haberá festa rachada, viño (ecolóxico, por suposto) e algunhas sorpresas. Daquela aproveitaremos tamén para presentar o número 50 de CERNA, a revista de ADEGA.

Roteiro polo LIC Ladra-Parga-Támoga

lic.jpgADEGA en colaboración co Concello de Guitiriz, comeza o ano cun roteiro noutro espazo da Rede Natura galega, que ademáis integra a Reserva da Biosfera Terras do Miño: o LIC Parga-Ladra-Támoga. Este interesante espazo esténdese polas bacías destes tres ríos do norte de Lugo. Será o domingo 21 de xaneiroe quedaremos coma sempre diante da Escola de Maxisterio de Lugo ás 9 h. Imprescindíbel anotarse no 639 664924 (Montse) ou 660 890655 (Ana).

Participa no sorteo de nadal do Proxecto Ríos

feliz_ano.jpgTodas e todos que queirades participar no sorteo dos libros O tempo dos ríos coordenado por Francisco Javier Martínez Gil e Manuel Soto Castiñeira e editado pola Universidade da Coruña, e do libro Macroinvertebrados de las aguas dulces de Galicia” (Hercules de Ediciones), de Fernando Cobo Gradín e Marcos González González, non tedes maís que contestar correctamente as catro preguntas que vos formulamos  máis abaixo, e unha vez resoltas, enviade as  respostas ao correo electrónico do Proxecto Ríos ( ou ). Non vos esquezades de poñer os vosos datos completos. O sorteo terá lugar o día 20 de xaneiro do 2007, coincidindo coa data de inauguración do novo local de ADEGA.

O Proxecto Ríos recomenda o libro O tempo dos ríos

libroriosiii.jpgEste libro é publicado pola Universidade da Coruña, e os seus coordenadores son Francisco Javier Martínez Gil, Catedrático de Hidrobioloxía  da Universidade de Zaragoza, e pai da expresión "Nova Cultura da Auga" e Manuel Soto Castiñeira, profesor titular de Enxenería Química na Universidade da Coruña e membro dende 1990 da xunta directiva de ADEGA. Neste libro recóllese o conflicto da auga na actualidade, a calidade das augas subterráneas, fluvias e costeiras, a planificación hidrolóxica na Galiza, así como a problemática ambiental e social en diversos ríos galegos, en definitiva fai un percorrido dende a emotividade da situación dos ríos galegos ao longo destos últimos anos.

Presentación do Informe 2006 sobre o estado de saúde dos ríos Galegos
informe06.jpgO Proxecto Ríos, presentou o Informe 2006, sobre o estado de saúde dos ríos galegos. Neste informe recollese o estado dos ríos galegos, froito das analises efectuadas polos distintos grupos de voluntarios/as do país. Presentaronse os resultados das inspeccións dos grupos de voluntarios/as, así como a metodoloxía empregada na realización do informe, e as actividades máis importantes realizados durante o ano 2006. O Informe anual permite indicar o estado de saúde das diferentes bacias a partir  dos indicadores empregados polos participantes.
Novo libro sobre macroinvertebrados das augas doces galegas

macro2.jpgFernando Cobo Gradín e Marcos González González, Director e Subdirector da Estación de Hidrobioloxía do Encoro do Con, respectivamente, veñen de publicar un libro titulado “Macroinvertebrados de las aguas dulces de Galicia” (Hercules de Ediciones). Neste libro colaboraron tamén Rufino Vieira Lanero e María José Servía García técnicos da Estación de Hidrobioloxía do Encoro do Con,  equipamento moi coñecido polos voluntarios e voluntarias do Proxecto Ríos, xa que é o lugar onde realizamos os cursos de formación para o voluntariado do Proxecto.

 

O Proxecto Ríos participa no V Congreso Ibérico de gestão e planeamento da água

logo.jpgEntre os días 4 e 8 de decembro vai ter lugar o V Congreso Iberico de gestão e planeamento da água na localidade portuguesa de Faro. O Proxecto Ríos participa cunha comunicación oral, no painel Participação dos cidadãos e comunicação social sobre a água. Nesta area temática abordaranse as formas e posibilidades de participación dos cidadáns/as nas decisións sobre a xestión da auga.

 

 

<< Inicio < Anterior 1 2 3 4 5 6 7 8 9 Seguinte > Final >>

Resultados 97 - 112 de 134
go to top