Proxecto Ríos

Cómo protexemos os ríos de Galicia?

CURSOS DE FORMACIÓN

Destinados a fornecer aos participantes dos coñecementos básicos das principais temáticas relacionadas cos ecosistemas fluviais, como a identificación de macroinvertebrados, especies boindicadoras indipensábeis nas inspeccións de río.

LIMPEZA SIMULTÁNEA

O Proxecto Ríos ven organizando un día de Limpeza Simultánea en toda Galiza dende os últimos dez anos. Trátase dun día no cal voluntarios e voluntarias saen aos seus ríos para recoller o lixo que atenta contra a riqueza, valor e beleza dos nosos ecosistemas fluviais. Miles de Kg de refugallos xa foron extraídos de moitos ríos galegos polos centos de voluntarios que teñen participado en todos estes anos. Xa está dispoñible a información da XVI Limpeza Simultánea para 2023.

SAÍDAS FORMATIVAS

Inspección guiada no treito de río escollido polo grupo coa finalidade de explicar a metodoloxía da inspección polo miúdo.

INFORME ANUAL DO PROXECTO RÍOS

Cada ano o Proxecto Ríos elabra un informe que recolle a información recabada polo voluntariado nas súas inspeccións derío e a memoria de actividades coa finalidade de poñer en valor o traballo do voluntariado no estudo e conservación dos ecosistemas fluviais. Na zona de descargas pódense consultar o últimos informes publicados.

CHARLAS DIVULGATIVAS

Palestra informativa e explicativa do Proxecto Ríos, destinada a aqueles grupos que inician a súa andaina no proxecto.

ESPECIES EXÓTICAS INVASORAS

Ante a silandeira ameaza que supón a introducción de especies exóticas invasoras, edítanse fichas de flora e fauna exóticas, cos obxectivos de inventariar a súa presenza nos ríos galegos e de divulgar a súa problemática a nivel global.

VOLUNTARIADO AMBIENTAL

Programas de acción voluntaria vinculados aos ecosistemas fluviais. O Proxecto Ríos organiza xornadas de voluntariado ambiental onde proporcionar á sociedade a posibilidade de participar na conservación e mellora dos nosos ríos.

OUTRAS ACTIVIDADES

Actividades non recurrentes do Proxecto Ríos, ou en colaboración con outras organizacións. INTERREG DiadES O Proxecto Interreg DiadES realízase no arco atlántico e comprende 5 países (España, Portugal, Francia, Irlanda e Inglaterra). Pretende realizar una avaliación e mellora dos servizos ecosistémicos dos peixes diádromos baixo o cambio climático. O proxecto interpretará estas modificacións e os cambios dos servizos ecosistémicos, estudará casos concretos (entre os que se seleccionou o río Ulla), e contribuirá ao desenvolvemento de ferramentas de xestión conxunta, estimulando a cooperación entre países e entre as partes interesadas (mariñas/costeiras e continentais) para mellorar a integración dos problemas a gran escala.

CUSTODIA FLUVIAL

A custodia fluvial é unha modalidade de custodia do territorio dirixida aos diferentes actores que participan na xestión dos ecosistemas fluviais e acuáticos (ríos, lagoas, zonas húmidas, charcas) co interese en participar de forma activa na súa protección, conservación e mellora. Para iso promove acordos voluntarios entre entidades de custodia, administración públicas, propietarios privados e, en ocasións, con persoas voluntarias como regantes e pescadores. A custodia fluvial e o voluntariado ambiental soen ir da man, xa que é común que haxa actividades que serven para acercar e implicar a cidadanía cos sistemas hídricos, un dos piares fundamentais de Proxecto Ríos.