Resultados da XIII Limpeza Simultánea de Ríos

O domingo 27 de setembro de 2020 realizouse a XIII Limpeza Simultánea de Ríos en 48 concellos de toda Galiza. En cada localidade a actividade foi coordinada por diferentes entidades, dende asociacións ecoloxistas, culturais… até fundacións, centros de ensino e concellos, chegando ás 63 entidades. Houbo concellos nos que participaron varias asociacións limpando diferentes ríos como foi o caso de Lugo, Gondomar, Ames ou Santiago de Compostela, entre outros. Este ano fíxose a limpeza en 59 treitos de río e participaron 839 persoas, unha boa participación para os tempos que corren.
Neste ano continúan a sumarse á iniciativa concellos, asociacións de pescadores, culturais, xuvenís, ecoloxistas… de moitos lugares de Galiza. Outros grupos levan participado nesta iniciativa dende o inicio, e ao longo destes trece anos podemos observar unha diminución de lixo nos treitos dos ríos apadriñados por estas entidades, aínda que en 2020 volveron a aparecer moitas rodas de automóbiles.

Aínda se verten moitos residuos aos ríos

Desta volta recolléronse refugallos moi variados, e coma sempre abundaron os plásticos: botellas, garrafas, bolsas, sacos… Apareceron rodas, baterías e motores de automóbiles, cristais e latas; tamén pilas, restos de madeira, mobles, ferralla, algún televisor e entullos. Retiráronse uralitas, roupa, calzado, etc… As toalliñas húmidas para hixiene persoal volveron a aparecer en abundancia e este ano apareceron tamén algunha máscaras. É preciso reflexionar sobre o uso destes artigos, e aínda máis sobre o lugar que empregamos para desfacernos deles, xa que ao tiralos polo retrete rematan nos nosos ríos contaminando os cauces e ribeiras.

No reconto, calculamos que os residuos de tódolos concellos suman máis de 14 toneladas, pero debemos lembrar que o noso principal obxectivo non era este. O voluntariado ambiental non é man de obra barata que poida suplir o traballo da administración, somos, por outra banda, unha masa de xente que axuda a concienciar á sociedade. O voluntariado denuncia que a situación dos nosos ríos debe mudar, e para iso facemos actividades como esta.

Proxecto Ríos é un proxecto promovido por ADEGA dende o ano 2005 e  financiado por Augas de Galicia, que depende da Consellería de Infraestruturas e Mobilidade. Para esta actividade contamos coa colaboración dos concellos de A Estrada, Ames, Arzúa, Carballo, Fene, Gondomar, Meis, Melide, Nigrán, Ourense, Pol, Ponteareas, Pontevedra, Rianxo, Ribadumia, San Sadurniño, Salceda de Caselas, Santiago de Compostela, Teo, Tomiño, Verín e Xinzo de Limia.

Queremos voltar a agradecer a todo o voluntariado galego o seu compromiso cos nosos ríos, un ano máis a sociedade galega Mollouse Polos Ríos!!

Pódense ver as Fotos da Xornada

 

A nosa páxina web utiliza cookies para mellorar a súa experiencia de uso. Acepta?
Cookies settings
Aceptar
Rexeitar
Politica de cookies
Privacy & Cookies policy
Cookie name Active
A presente política de cookies ten por finalidade informarlle de maneira clara e precisa sobre as cookies que se utilizan na páxina web de Proxecto Ríos.

Que son as cookies?

Unha cookie é un pequeno fragmento de texto que os sitios web que visita envían ao navegador e que permite que o sitio web lembre información sobre a súa visita, como o seu idioma preferido e outras opcións, co fin de facilitar a súa próxima visita e facer que o sitio lle resulte máis útil. As cookies desempeñan un papel moi importante e contribúen a ter unha mellor experiencia de navegación para o usuario.

Tipos de cookies

Segundo quen sexa a entidade que xestione o dominio desde onde se envían as cookies e trátense os datos que se obteñan, pódense distinguir dous tipos: cookies propias e cookies de terceiros. Existe tamén unha segunda clasificación segundo o prazo de tempo que permanecen almacenadas no navegador do cliente, podendo tratarse de cookies de sesión ou cookies persistentes. Por último, existe outra clasificación con cinco tipos de cookies segundo a finalidade para a que se traten os datos obtidos: cookies técnicas, cookies de personalización, cookies de análise, cookies publicitarias e cookies de publicidade comportamental. Para máis información a este respecto pode consultar facendo clic nesta ligazón ➡ Guía sobre o uso das cookies da Axencia Española de Protección de Datos.

Cookies utilizadas na web

A continuación identifícanse as cookies que están a ser utilizadas neste portal así como a súa tipoloxía e función: a páxina web do Proxecto Ríos utiliza Google Analytics, un servizo de analítica web desenvolvida por Google, que permite a medición e análise da navegación nas páxinas web. No seu navegador poderá observar cookies deste servizo. Segundo a tipoloxía anterior trátase de cookies propias, de sesión e de análise. A través da analítica web obtense información relativa ao número de usuarios que acceden á web, o número de páxinas vistas, a frecuencia e repetición das visitas, a súa duración, o navegador utilizado, o operador que presta o servizo, o idioma, o terminal que utiliza e a cidade á que está asignada a súa dirección IP, información que posibilita un mellor e máis apropiado servizo por parte deste portal. Para garantir o anonimato, Google converterá a súa información en anónima truncando a dirección IP antes de almacenala, de forma que Google Analytics non se usa para localizar ou solicitar información persoal identificable dos visitantes do sitio. Google só poderá enviar a información solicitada por Google Analytics a terceiros canto estea legalmente obrigado a iso. Con arranxo ás condicións de prestación do servizo de Google Analytics, Google non asociará a súa dirección IP a ningún outro dato conservado por Google. Outra das cookies que se descargan é unha cookie de tipo técnico denominada JSESSIONID. Esta cookie permite almacenar un identificador único por sesión a través do que é posible vincular datos necesarios para posibilitar a navegación en curso. Por último, descárgase unha cookie denominada show_ cookies, propia, de tipo técnico e de sesión. Xestiona o consentimento do usuario para o uso das cookies na páxina web, co obxecto de lembrar aqueles usuarios que as aceptaron e aqueles que non, de modo que aos primeiros non se lles mostre información na parte superior da páxina respecto diso.

Aceptación da política de cookies

Pulsando o botón “Acepto” vostede acepta o uso de cookies. Tamén pode rexeitalas ou modificar a súa configuración.

Como modificar a configuración das cookies

Vostede pode restrinxir, bloquear ou borrar as cookies do Ministerio do Interior ou calquera outra páxina web utilizando o seu navegador. En cada navegador a operativa é diferente, a función de “Axuda” mostraralle como facelo. ➡  Guía sobre o uso das cookies da Axencia Española de Protección de Datos
Save settings
Cookies settings