Crónica do XVII Encontro de Voluntariado

Celebrouse o 17 de Xullo de 2021

e ao igual que en 2020 tivo lugar no río Arnego, espazo natural protexido do Sobreiral do Arnego no que ADEGA ten un acordo de custodia do territorio, unha parcela de vinte hectáreas na zona de conservación do espazo da Rede Natura 2000. A parcela ten boa parte da súa contorna á beira do río Arnego na que se teñen realizado diferentes actuacións de estudo e conservación nos últimos anos.

Explicación da actividade

A temática do encontro foron os morcegos, o seu estudo así como os programas de seguimento. Os morcegos ou quirópteros son un grupo de vertebrados que cumpre unha función moi importante nos ecosistemas, que se alimentan basicamente de insectos e que están moi ameazados por diferentes motivos: destrución do seu hábitat e refuxios, persecución pola súa mala fama, etc.

O estudo e análise das comunidades de morcegos ten logo un interese dobre; por unha banda coñecer máis este grupo de vertebrados e ao tempo “usalos” para o estudo dos ecosistemas fluviais ao ser especies bioindicadoras.

O encontro comezou as 18:00 h na área fluvial de Carmoega, á beira do río Arnego. Dende alí, o grupo de voluntariado, composto por unha ducia de persoas, desprazouse ao Sobreiral, nomeadamente á finca custodiada onde se realizou a primeira actividade do día, que consistiu en revisar as caixas para morcegos instaladas nos anos 2018 e 2020.

Revisión das caixas refuxio

A actividade estivo guiada por Xosé Pardavila, especialista en morcegos que leva colaborando con Proxecto Ríos-ADEGA nesta iniciativa de custodia do territorio e que  participa en numerosos proxectos na península. Na inspección das caixas colocadas non se atopou ningunha ocupada, porén en revisións anteriores si apareceron morcegos ocupando algunha das máis de 50 que hai na zona.

Continuamos a actividade coa instalación de redes para a captura de morcegos, que nada máis saír dos seus refuxios saen a beber e a alimentarse da gran cantidade de insectos que habitan no río. As redes revísanse cada pouco tempo e os morcegos que comezan a caer vanse gardando para o seu posterior estudo, que consiste en determinar a especie polas súas características e sexo a tomar medidas como o peso ou o tamaño das extremidades e a recoller mostras biolóxicas: sangue e xenética. Desta volta capturáronse 7 exemplares dunha soa especie, o morcego de ribeira (Myotis daubentonii). Os exemplares vanse liberando a medida que se recollen os datos.

Instalacion das redes

Para  concluír a xornada, realizouse unha pequena formación sobre o Programa Quiroríos. Esta iniciativa pretende coñecer o estado ecolóxico dos bosques de ribeira a partir da actividade dos morcegos acuáticos. Explicouse a metodoloxía de mostraxe e realizouse unha proba do mesmo por parte dos participantes.

Toma de mostras

A nosa páxina web utiliza cookies para mellorar a súa experiencia de uso. Acepta?
Cookies settings
Aceptar
Rexeitar
Politica de cookies
Privacy & Cookies policy
Cookie name Active
A presente política de cookies ten por finalidade informarlle de maneira clara e precisa sobre as cookies que se utilizan na páxina web de Proxecto Ríos.

Que son as cookies?

Unha cookie é un pequeno fragmento de texto que os sitios web que visita envían ao navegador e que permite que o sitio web lembre información sobre a súa visita, como o seu idioma preferido e outras opcións, co fin de facilitar a súa próxima visita e facer que o sitio lle resulte máis útil. As cookies desempeñan un papel moi importante e contribúen a ter unha mellor experiencia de navegación para o usuario.

Tipos de cookies

Segundo quen sexa a entidade que xestione o dominio desde onde se envían as cookies e trátense os datos que se obteñan, pódense distinguir dous tipos: cookies propias e cookies de terceiros. Existe tamén unha segunda clasificación segundo o prazo de tempo que permanecen almacenadas no navegador do cliente, podendo tratarse de cookies de sesión ou cookies persistentes. Por último, existe outra clasificación con cinco tipos de cookies segundo a finalidade para a que se traten os datos obtidos: cookies técnicas, cookies de personalización, cookies de análise, cookies publicitarias e cookies de publicidade comportamental. Para máis información a este respecto pode consultar facendo clic nesta ligazón ➡ Guía sobre o uso das cookies da Axencia Española de Protección de Datos.

Cookies utilizadas na web

A continuación identifícanse as cookies que están a ser utilizadas neste portal así como a súa tipoloxía e función: a páxina web do Proxecto Ríos utiliza Google Analytics, un servizo de analítica web desenvolvida por Google, que permite a medición e análise da navegación nas páxinas web. No seu navegador poderá observar cookies deste servizo. Segundo a tipoloxía anterior trátase de cookies propias, de sesión e de análise. A través da analítica web obtense información relativa ao número de usuarios que acceden á web, o número de páxinas vistas, a frecuencia e repetición das visitas, a súa duración, o navegador utilizado, o operador que presta o servizo, o idioma, o terminal que utiliza e a cidade á que está asignada a súa dirección IP, información que posibilita un mellor e máis apropiado servizo por parte deste portal. Para garantir o anonimato, Google converterá a súa información en anónima truncando a dirección IP antes de almacenala, de forma que Google Analytics non se usa para localizar ou solicitar información persoal identificable dos visitantes do sitio. Google só poderá enviar a información solicitada por Google Analytics a terceiros canto estea legalmente obrigado a iso. Con arranxo ás condicións de prestación do servizo de Google Analytics, Google non asociará a súa dirección IP a ningún outro dato conservado por Google. Outra das cookies que se descargan é unha cookie de tipo técnico denominada JSESSIONID. Esta cookie permite almacenar un identificador único por sesión a través do que é posible vincular datos necesarios para posibilitar a navegación en curso. Por último, descárgase unha cookie denominada show_ cookies, propia, de tipo técnico e de sesión. Xestiona o consentimento do usuario para o uso das cookies na páxina web, co obxecto de lembrar aqueles usuarios que as aceptaron e aqueles que non, de modo que aos primeiros non se lles mostre información na parte superior da páxina respecto diso.

Aceptación da política de cookies

Pulsando o botón “Acepto” vostede acepta o uso de cookies. Tamén pode rexeitalas ou modificar a súa configuración.

Como modificar a configuración das cookies

Vostede pode restrinxir, bloquear ou borrar as cookies do Ministerio do Interior ou calquera outra páxina web utilizando o seu navegador. En cada navegador a operativa é diferente, a función de “Axuda” mostraralle como facelo. ➡  Guía sobre o uso das cookies da Axencia Española de Protección de Datos
Save settings
Cookies settings