Xornada de Identificación de EEI. LIFE Invasaqua

O venres 28 de outubro realizarase unha saída guiada pola contorna do río Sarela en Santiago de Compostela para identificación de EEI e coñecer as problemáticas aombietais que producen as especies invasoras no medio acuático.

Aproveitaremos para facer tamén un ha recollida e identificació nde macroinvertebrados divulgando a metodoloxía de inspección do Proxecto Ríos.

Programa da xornada:

11:00 Inicio da actividade de presentación
11:30 Identificación de EEI e macroinvertebrados no río Sarela
13:30 Remate da actividade