Crónica do Campo de Voluntariado do Tea. Maio 2023

Na fin de semana do 5 ao 7 de maio tivo lugar o campo de voluntariado para eliminación de flora exótica invasora no tramo custodiado do río Tea.

Desta volta, revisamos os traballos feitos nas eliminacións anteriores. Xunto co voluntariado asistente elimináronse rebrotes de Acacia dealbata, Robinia pseudoacacia e unha pequena mancha de Phytolacca americana.

Pódense ver as fotos do campo no:

Album de Google Photos

A xornada comezou o venres 5 as seis da tarde onde Itziar Díaz impartíu unha charla sobre a problemática das especies exóticas invasoras e a situación do río Tea falando tamén dos traballos realizados nos anteriores campos de voluntariado.

Esta charla fíxose no albergue de Alentea (Covelo) onde o voluntariado estivo aloxado durante o campo de voluntariado.

Na mañá do sábado, o voluntariado achegouse ata Ponte Cernadelas, ao carón de Mondariz, para iniciar o percorrido río arriba do treito de 3Km no que o Proxecto Ríos ten un acordo de custodia coa Confederación Hidrográfica Miño-Sil.

Antes de cruzar a ponte medieval eliminouse un pe de Phytolacca americana e explicouse a metodoloxía de traballo

Ao cruzar a ponte, a actuación centrouse na eliminación de rebrotes de R. pseudoacacia dos restos das árbores cortadas pola cuadrilla de gardería fluvial, que desenvolve accións de xestión da flora exótica invasora no río Tea.

Actuouse tamén nunha mancha de bambú (Phyllostachys spp.) que se atopa no camiño e elimináronse rebrotes puntuais de Acacia dealbata.

Cara o final da mañá, eliminouse unha pequena mancha de Phytolacca americana.

A tarde do sábado estivo adicada a comprobar a calidade ecolóxica do río Tea empregando a metodoloxía de inspección do Proxecto Ríos. Foise río abaixo dende os pasos pasos de Tatín ate o lugar onde se realizaron os estudos de calidade. Aproveitouse tamén para inspeccionar as zonas de traballo en campos anteriores comprobando a ausencia de rebrotes de EEI.

O domingo, para rematar, fíxose unha pequena visita á Rectoral de Barciademeda e ao río Alén.

O roteiro do Alén, incluído dentro da Rede Natura 2000, destaca polo seu bosque de ribeira de ameneiros (Alnus glutinosa) e freixos (Fraxinus angustifolia) e por posuír unhas das carballeiras termófilas mellor conservadas da provincia de  Pontevedra, caracterizada por carballos (Quercus robur), loureiros (Laurus nobilis), silbardeiras (Ruscus aculeatus) e outra flora acompañante.

A nosa páxina web utiliza cookies para mellorar a súa experiencia de uso. Acepta?
Cookies settings
Aceptar
Rexeitar
Politica de cookies
Privacy & Cookies policy
Cookie name Active
A presente política de cookies ten por finalidade informarlle de maneira clara e precisa sobre as cookies que se utilizan na páxina web de Proxecto Ríos.

Que son as cookies?

Unha cookie é un pequeno fragmento de texto que os sitios web que visita envían ao navegador e que permite que o sitio web lembre información sobre a súa visita, como o seu idioma preferido e outras opcións, co fin de facilitar a súa próxima visita e facer que o sitio lle resulte máis útil. As cookies desempeñan un papel moi importante e contribúen a ter unha mellor experiencia de navegación para o usuario.

Tipos de cookies

Segundo quen sexa a entidade que xestione o dominio desde onde se envían as cookies e trátense os datos que se obteñan, pódense distinguir dous tipos: cookies propias e cookies de terceiros. Existe tamén unha segunda clasificación segundo o prazo de tempo que permanecen almacenadas no navegador do cliente, podendo tratarse de cookies de sesión ou cookies persistentes. Por último, existe outra clasificación con cinco tipos de cookies segundo a finalidade para a que se traten os datos obtidos: cookies técnicas, cookies de personalización, cookies de análise, cookies publicitarias e cookies de publicidade comportamental. Para máis información a este respecto pode consultar facendo clic nesta ligazón ➡ Guía sobre o uso das cookies da Axencia Española de Protección de Datos.

Cookies utilizadas na web

A continuación identifícanse as cookies que están a ser utilizadas neste portal así como a súa tipoloxía e función: a páxina web do Proxecto Ríos utiliza Google Analytics, un servizo de analítica web desenvolvida por Google, que permite a medición e análise da navegación nas páxinas web. No seu navegador poderá observar cookies deste servizo. Segundo a tipoloxía anterior trátase de cookies propias, de sesión e de análise. A través da analítica web obtense información relativa ao número de usuarios que acceden á web, o número de páxinas vistas, a frecuencia e repetición das visitas, a súa duración, o navegador utilizado, o operador que presta o servizo, o idioma, o terminal que utiliza e a cidade á que está asignada a súa dirección IP, información que posibilita un mellor e máis apropiado servizo por parte deste portal. Para garantir o anonimato, Google converterá a súa información en anónima truncando a dirección IP antes de almacenala, de forma que Google Analytics non se usa para localizar ou solicitar información persoal identificable dos visitantes do sitio. Google só poderá enviar a información solicitada por Google Analytics a terceiros canto estea legalmente obrigado a iso. Con arranxo ás condicións de prestación do servizo de Google Analytics, Google non asociará a súa dirección IP a ningún outro dato conservado por Google. Outra das cookies que se descargan é unha cookie de tipo técnico denominada JSESSIONID. Esta cookie permite almacenar un identificador único por sesión a través do que é posible vincular datos necesarios para posibilitar a navegación en curso. Por último, descárgase unha cookie denominada show_ cookies, propia, de tipo técnico e de sesión. Xestiona o consentimento do usuario para o uso das cookies na páxina web, co obxecto de lembrar aqueles usuarios que as aceptaron e aqueles que non, de modo que aos primeiros non se lles mostre información na parte superior da páxina respecto diso.

Aceptación da política de cookies

Pulsando o botón “Acepto” vostede acepta o uso de cookies. Tamén pode rexeitalas ou modificar a súa configuración.

Como modificar a configuración das cookies

Vostede pode restrinxir, bloquear ou borrar as cookies do Ministerio do Interior ou calquera outra páxina web utilizando o seu navegador. En cada navegador a operativa é diferente, a función de “Axuda” mostraralle como facelo. ➡  Guía sobre o uso das cookies da Axencia Española de Protección de Datos
Save settings
Cookies settings