Crónica do curso de formación en Soutomaior

Este curso de formación tivo lugar dentro da campaña de outono do 2024 o sábado 28 de setembro no concello de Soutomaior. O eixo central do curso foi o Proxecto Ríos como recurso para a docencia, e como non, tivo lugar nun centro educativo, concretamente IES de Soutomaior, que ofreceron desinteresadamente as súas instalacións para o desenvolvemento do mesmo. O Proxecto Ríos xa está implantado en moitos centros de ensino dende hai moitos anos, como é o caso do IES de Pontecaldelas no que se fixo a primeira inspección no ano 2005, momento no que o Proxecto Ríos aínda estaba en fase de experimentación. Dúas docentes deste centro, Andrea Vázquez e Susi Veiga, explicaron como utilizan a metodoloxía do PR para impartir o curriculum de diferentes materias, sendo un proxecto de centro.

A continuación saímos ao río, tivemos que camiñar sobre 10 minutos. Recollimos mostras perto da desembocadura do río Verduxo e no seu afluente o Rego dos Muiños. Unha vez recollidas as mostras levámolas ao laboratorio e dous investigadores do grupo de bioloxía ambiental da Universidade de Vigo, Alejandro Polina e Yasmina Barciela, axudáronnos a identificar os diferentes macroinvertebrados para poder otorgarlle unha calidade ao río.

Neste curso houbo 23 participantes na súa maioría docentes interesados en iniciar este proxecto nos seus centros, aproveitaron para recoller o material e resolver dúbidas, xa que estes cursos son tamén un espazo para compartir información e experiencias. Nos próximos días realizaremos saídas de formación na zona co obxectivo de achegar a máis persoas aos ríos e sementar conciencia sobre a importancia da conservación destes ecosistemas tan importantes para a vida. O curso rematou ás 14:30h

O Proxecto Ríos é un proxecto de ADEGA e esta actividade foi financiada por Augas de Galicia


Comments

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

A nosa páxina web utiliza cookies para mellorar a súa experiencia de uso. Acepta?
Cookies settings
Aceptar
Rexeitar
Politica de cookies
Privacy & Cookies policy
Cookie name Active
A presente política de cookies ten por finalidade informarlle de maneira clara e precisa sobre as cookies que se utilizan na páxina web de Proxecto Ríos.

Que son as cookies?

Unha cookie é un pequeno fragmento de texto que os sitios web que visita envían ao navegador e que permite que o sitio web lembre información sobre a súa visita, como o seu idioma preferido e outras opcións, co fin de facilitar a súa próxima visita e facer que o sitio lle resulte máis útil. As cookies desempeñan un papel moi importante e contribúen a ter unha mellor experiencia de navegación para o usuario.

Tipos de cookies

Segundo quen sexa a entidade que xestione o dominio desde onde se envían as cookies e trátense os datos que se obteñan, pódense distinguir dous tipos: cookies propias e cookies de terceiros. Existe tamén unha segunda clasificación segundo o prazo de tempo que permanecen almacenadas no navegador do cliente, podendo tratarse de cookies de sesión ou cookies persistentes. Por último, existe outra clasificación con cinco tipos de cookies segundo a finalidade para a que se traten os datos obtidos: cookies técnicas, cookies de personalización, cookies de análise, cookies publicitarias e cookies de publicidade comportamental. Para máis información a este respecto pode consultar facendo clic nesta ligazón ➡ Guía sobre o uso das cookies da Axencia Española de Protección de Datos.

Cookies utilizadas na web

A continuación identifícanse as cookies que están a ser utilizadas neste portal así como a súa tipoloxía e función: a páxina web do Proxecto Ríos utiliza Google Analytics, un servizo de analítica web desenvolvida por Google, que permite a medición e análise da navegación nas páxinas web. No seu navegador poderá observar cookies deste servizo. Segundo a tipoloxía anterior trátase de cookies propias, de sesión e de análise. A través da analítica web obtense información relativa ao número de usuarios que acceden á web, o número de páxinas vistas, a frecuencia e repetición das visitas, a súa duración, o navegador utilizado, o operador que presta o servizo, o idioma, o terminal que utiliza e a cidade á que está asignada a súa dirección IP, información que posibilita un mellor e máis apropiado servizo por parte deste portal. Para garantir o anonimato, Google converterá a súa información en anónima truncando a dirección IP antes de almacenala, de forma que Google Analytics non se usa para localizar ou solicitar información persoal identificable dos visitantes do sitio. Google só poderá enviar a información solicitada por Google Analytics a terceiros canto estea legalmente obrigado a iso. Con arranxo ás condicións de prestación do servizo de Google Analytics, Google non asociará a súa dirección IP a ningún outro dato conservado por Google. Outra das cookies que se descargan é unha cookie de tipo técnico denominada JSESSIONID. Esta cookie permite almacenar un identificador único por sesión a través do que é posible vincular datos necesarios para posibilitar a navegación en curso. Por último, descárgase unha cookie denominada show_ cookies, propia, de tipo técnico e de sesión. Xestiona o consentimento do usuario para o uso das cookies na páxina web, co obxecto de lembrar aqueles usuarios que as aceptaron e aqueles que non, de modo que aos primeiros non se lles mostre información na parte superior da páxina respecto diso.

Aceptación da política de cookies

Pulsando o botón “Acepto” vostede acepta o uso de cookies. Tamén pode rexeitalas ou modificar a súa configuración.

Como modificar a configuración das cookies

Vostede pode restrinxir, bloquear ou borrar as cookies do Ministerio do Interior ou calquera outra páxina web utilizando o seu navegador. En cada navegador a operativa é diferente, a función de “Axuda” mostraralle como facelo. ➡  Guía sobre o uso das cookies da Axencia Española de Protección de Datos
Save settings
Cookies settings