
Data de inicio:
15/04/2025
Data de finalización:
15/04/2025
Organizadores:
ADEGA, Proxecto Ríos
Categorías:
O 15 de abril deu comezo a campaña de inspeccións do Proxecto Ríos de primavera de 2025 e se estenderá ate o 31 de maio. Durante as campañas de inspección o voluntariado participante sae aos seus treitos de río para facer o estudo da calidade ecolóxica. Tamén durante as campañas organizamos diferentes actividdades. Para esta primavera temos programados cursos de formación, roteiros, descubertas de biodiversidade, saídas formativas, e outras actividades relacionadas coa custodia fluvial. Estade atentas/os ás nosas RRSS que iremos anunciando as diferentes actividades. Tamén a través do boletín Gardarríos.
Se queres participar neste proxecto envíanos un correo a: proxectoriosgaliza@gmail.com
