
Xa comeza a nova tempada de inspeccións do Proxecto Ríos. Ao igual que todo os anos, o inicio da Campaña de Outono é o 15 de setembro de 2026, e que se estenderá até o 31 de outubro.
Estamos programando xa saídas formativas cos grupos, tanto en ríos da bacía do Miño Sil como nos da provincia da Coruña. Podedes solicitar unha saída poñéndovos en contacto coa coordinación do proxecto: proxectoriosgaliza@gmail.com (A Coruña) ; ramses@adega.gal (Miño – Sil).
Continuaremos no outono coas actividades na provincia da Coruña a través do convenio que ten ADEGA coa Deputación da Coruña para o desenvolvemento do Proxecto Ríos: curso de formación, limpeza de ríos e instalación da exposición dos 20 Anos do Proxecto Ríos.

Na bacía do Miño – Sil, en colaboración coa Confederación Hidrográfica Miño Sil, temos programadas varias actividades tamén para este outono: saídas formativas, limpezas de río, xornadas de voluntariado e un curso de formación. Anunciaremos estas actividades a través das redes do Proxecto Ríos, o boletín Gardarríos e a web do Proxecto Ríos.
Estade atentas!!