IX Xornadas de Educación Ecosocial

O sábado 17 de outubro farase unha presentación do Proxecto Ríos nas IX Xornadas de Educación Ecosocial en Tomiño, organizadas por Fuehm e Alalá S. Coop Galega.
Aproveitamos para instalar a exposición conmemorativa dos 20 Anos do Proxecto Ríos durante toda a xornada.
Podes consultar o programa completo e inscribirte nas xornadas premendo na ligazón de máis info.
Esta actividade conta co apoio da Confederación Hidrográfica Miño-Sil.