
Data de inicio:
03/10/2026
Data de finalización:
03/10/2026
Organizadores:
ADEGA, Proxecto Ríos
Categorías:
Durante as campañas de inspección de ríos o Proxecto Ríos desenvolve cursos de formación para fornecer ao voluntariado participante na metodoloxía de recollida e na identificación de macroinvertebrados, animais bioindicadores que empregamos para determinar a calidade ecolóxica do río.
O curso de formación que faremos en 2026 na Demarcación Hidrográfica do Miño Sil realizarase no Centro Cultural Cotarel, Arnoso, Ponteareas, o sábado 3 de outubro.
No curso adicaremos unha parte ás posibilidades da Custodia fluvial en Galiza e posteriormente realizaremos unha sesión teótico-practica sobre a metodoloxía de recollida de mostras e identificación das diferentes familias de macroinvertebrados.
O Programa provisional é:
10:15 Recepción
10:30 Charla-debate: A custodia fluvial. As súas posibilidades en Galiza.
11:30 Descanso
12:00 Saída ao río e mostraxe de macroinvertebrados
13:30 Clausura do curso
Se estás interesado/a en participar, anótate!
Cubre o formulario de inscrición
