
Durante as campañas de inspección, o Proxecto Ríos organiza cursos de formación para o voluntariado participante. Estes cursos son fundamentais para que os grupos de persoas que realizan as inspeccións adquiran os coñecementos básicos para o desenvolvemento dos estudos da calidade do río. Dende o inicio do Proxecto Ríos, realízanse estas xornadas de formación nas que teñen participado centos de voluntarios e voluntarias do proxecto. En 2026 levouse adiante unha xornada de formación na que se afondou na recollida e identificación de macroinvertebrados, pezas fundamentais da metodoloxía de inspección coas que se determina a calidade do río. Trátanse, ademais, outras cuestións relacionadas coa conservación dos ríos ou outros aspectos da metodoloxía como a identificación doutros organismos, a calidade físico química, o hábitat fluvial ou a calidade do bosque de ribeira.
O 3 de outubro de 2026 convocouse ao voluntariado a asistir á xornada de formación durante a campaña de outono. Participaron un total de 12 persoas coa seguinte programación:
10:30 Inicio do curso
10:45 Estado do Proxecto Ríos
11:00 Saída ao río. Recollida de mostras
11:45 Identificación de macroinvertebrados
14:30 Clausura do curso
Fotos da xornada:


