
Qué é Proxecto Ríos
Protexemos os ríos de Galicia
Cómo o facemos?

Cursos de formación
Destinados a fornecer aos participantes dos coñecementos básicos das principais temáticas relacionadas cos ecosistemas fluviais, como a identificación de macroinvertebrados, especies boindicadoras indipensábeis nas inspeccións de río.

LIMPEZA SIMULTÁNEA
O Proxecto Ríos ven organizando un día de Limpeza Simultánea en toda Galiza dende os últimos dez anos. Trátase dun día no cal voluntarios e voluntarias saen aos seus ríos …

Cursos de formación
Destinados a fornecer aos participantes dos coñecementos básicos das principais temáticas relacionadas cos ecosistemas fluviais, como a identificación de macroinvertebrados, especies boindicadoras indipensábeis nas inspeccións de río.

Saídas formativas
Inspección guiada no treito de río escollido polo grupo coa finalidade de explicar a metodoloxía da inspección polo miúdo.

INFORME ANUAL DO PROXECTO RÍOS
Cada ano o Proxecto Ríos elabora un informe que recolle a información recabada polo voluntariado nas súas inspeccións de río e a memoria de actividades

CHARLAS DIVULGATIVAS
Palestra informativa e explicativa do Proxecto Ríos, destinada a aqueles grupos que inician a súa andaina no proxecto.

ESPECIES EXÓTICAS INVASORAS
Ante a silandeira ameaza que supón a introducción de especies exóticas invasoras, edítanse fichas de flora e fauna exóticas, cos obxectivos de inventariar a súa presenza nos ríos galegos e de divulgar a súa problemática a nivel global.

VOLUNTARIADO AMBIENTAL
Programas de acción voluntaria vinculados aos ecosistemas fluviais. O Proxecto Ríos organiza xornadas de voluntariado ambiental onde proporcionar á sociedade a posibilidade de participar na conservación e mellora dos nosos ríos.

OUTRAS ACTIVIDADES
Actividades non recurrentes do Proxecto Ríos, ou en colaboración con outras organizacións. INTERREG DiadES O Proxecto Interreg DiadES realízase no arco atlántico e comprende 5 países (España, Portugal, Francia, Irlanda …

CUSTODIA FLUVIAL
A custodia fluvial é unha modalidade de custodia do territorio dirixida aos diferentes actores que participan na xestión dos ecosistemas fluviais e acuáticos (ríos, lagoas, zonas húmidas, charcas) co interese …
Un proxecto colectivo
O Proxecto Ríos é un programa de educación e voluntariado ambiental que basea o seu labor en tres piares fundamentais:
1. A importancia da educación ambiental para dar a coñecer os ecosistemas acuáticos e promover comportamentos que redunden na súa conservación.
2. A constancia do traballo co voluntariado ambiental que se fai responsábel dun treito de río.
3. O fomento da participación cidadá como ferramenta fundamental que permita camiñar cara a unha sociedade máis sensibilizada e capacitada para emprender accións de protección e mellora destes ecosistemas.
O Proxecto Ríos é esencialmente unha iniciativa de participación cidadá e de intervención socioambiental.

Voluntariado ambiental
O voluntariado ambiental do Proxecto Ríos é a peza fundamental desta iniciativa. Sen o seu labor, o proxecto non tería acadado a actual repercusión e, grazas á súa participación, ten aumentado e diversificado as propostas e accións desenvolvidas nos ecosistemas fluviais
En que consiste a participación
A participación no Proxecto Ríos, tanto a nivel particular como de diferentes entidades, concrétase na realización de dúas inspeccións anuais de río, unha na primavera e outra no outono.
As inspeccións consisten na análise das características biolóxicas, físico-químicas, hidromorfolóxicas e patrimoniais dos ecosistemas fluviais, empregando os materiais proporcionados de forma gratuíta polo Proxecto Ríos.
Cos datos obtidos elabórase anualmente o Informe do estado de saúde dos ríos galegos.

Material para as inspeccións
O voluntariado participante conta cun material específico para o desenvolvemento das actividades de inspección de río.
O material gratuíto para os grupos consta de:
1.Fichas de identificación de flora e fauna
2.Manual de Inspección Básica de Río
3.Reactivos químicos para a análise da calidade da auga
O voluntariado ten ademais a posibilidade de solicitar, en préstamo, unha mochila co material completo para a realización das inspeccións: disco de sechi, termómetro, pinzas, lupas, bandexas, trueiro, botas, cinta métrica e placas de Petri.

Formación do voluntariado
A formación do voluntariado ambiental que participa no Proxecto Ríos é unha prioridade ao entendermos que as persoas que van a saír ao río deben estar capacitadas para desenvolver a súa tarefa.
Por este motivo, o voluntariado participante recibe unha formación xeral sobre o Proxecto Ríos así como unha formación específica sobre outras cuestións que atinxen directamente ao seu traballo no río.
Os proxectos específicos como poden ser os campos de voluntariado ambiental do Tea para a eliminación de flora exótica invasora van acompañados sempre dunha formación previa sobre diferentes aspectos como voluntariado ambiental, biodiversidade e especies exóticas invasoras.
Dende o Proxecto Ríos téntase que todas as persoas que se suman á iniciativa asistan a algunha das propostas formativas, ben sexa participando nos cursos de formación, mediante as saídas formativas, ou participando nas dúas.

Cursos de formación
Os cursos de formación son o espazo no que se pretende capacitar aos participantes do Proxecto Ríos na metodoloxía do proxecto, para levar adiante o seu traballo dun xeito sinxelo. Por outra banda, cumpren a función de intercambio de experiencias e de coñecemento entre o persoal técnico do Proxecto Ríos e os participantes así como do voluntariado ambiental entre si.
Anualmente realízanse dous cursos de formación coincidindo cada un deles co incio da campaña de primavera e de outono, e a incorporación dos novos grupos ao proxecto. Desenvólvense ao longo dun día, adicando parte da sesión da mañá a cuestión xerais do proxecto (presentación de novos materiais, actividades en marcha, etc.), así como a traballar temáticas máis específicas emandadas polos participantes.

Saídas formativas
As saídas formativas son sesións de traballo teórico e práctico que se desenvolven a pé de río con aqueles grupos que non puideron asistir aos cursos de formación ou que, aínda que o fixeron, demandan unha formación máis personalizada. As saídas formativas adóitanse facer cun ou varios grupos dunha mesma bacía.
Nelas realízase unha inspección guiada por unha educadora ambiental do Proxecto Ríos seguindo o manual e resolvendo aquelas dúbidas que poidan ter sobre a metodoloxía de inspección e o seu desenvolvemento.
