Estes cursos son o espazo no que se capacita ás persoas participantes do Proxecto Ríos na metodoloxía do proxecto, para levar adiante o seu traballo dun xeito sinxelo. Así mesmo, cumpren a función de intercambio de experiencias e de coñecemento entre o persoal técnico do Proxecto Ríos e quen participa, e tamén do voluntariado ambiental entre si.
Anualmente realízanse dous cursos de formación, coincidindo cada un deles coa campaña de primavera e de outono. Dedícase parte da sesión a cuestións xerais do proxecto (presentación de novos materiais, actividades en marcha, etc.), así como a traballar temáticas máis específicas demandadas polas persoas participantes. A xornada conclúe co recoñecemento de macroinvertebrados, especies bioindicadoras fundamentais para o desenvolvemento do Proxecto Ríos.
ADEGA leva realizados xa 40 cursos de formación no Proxecto Ríos.
