
Forman parte da Rede Ibérica do Proxecto Rios:
Associació Hábitats, en Catalunya, dende o ano 1997
Asociación ADEGA, en Galiza, dende o 2004
Fundación Limme, en Comunitat Valeciana, dende o 2005
Centro de Investigación del Medio Ambiente (CIMA), en Cantabria, dende o 2006
Territorios Vivos, en Madrid, dende o ano 2006
Associação Aspea, en Portugal, dende o 2007
Traballamos en rede
Unha das características do Proxecto Ríos é a súa implicación na creación ou participación en redes, nomeadamente de entidades de voluntariado ambiental.
O Proxecto Ríos foi unha das entidades impulsoras da Rede Ibérica do Proxecto Ríos, agrupación que ten entre as súas funcións o intercambio de metodoloxías, o intercambio de coñecementos e experiencias dos voluntarios e as voluntarias, apoio técnico para o desenvolvemento de novas inicitivas, así como o deseño de actividades conxuntas e a coordinación de diferentes iniciativas de custodia fluvial.
Cada entidade, traballando dende os respectivos territorios, suma a súa experiencia e esforzos para a conservación dos ríos.
A participación no Seminario de Voluntariado en Ríos do CENEAM axudounos a coñercer cal é a realidade dos diferentes programas que unen ríos e persoas no resto dos territorios do estado e aportar a nosa experiencia, así como aprender doutras entidades que perseguen unha finalidade similar.