O Proxecto Ríos ven organizando un día de Limpeza Simultánea en toda Galiza dende os últimos dez anos. Trátase dun día no cal voluntarios e voluntarias saen aos seus ríos para recoller o lixo que atenta contra a riqueza, valor e beleza dos nosos ecosistemas fluviais. Miles de Kg de refugallos xa foron extraídos de moitos ríos galegos polos centos de voluntarios que teñen participado en todos estes anos.
Xa está dispoñible a información da XVII Limpeza Simultánea para 2024.