Actividades non recurrentes do Proxecto Ríos, ou en colaboración con outras organizacións.
INTERREG DiadES
O Proxecto Interreg DiadES realízase no arco atlántico e comprende 5 países (España, Portugal, Francia, Irlanda e Inglaterra). Pretende realizar una avaliación e mellora dos servizos ecosistémicos dos peixes diádromos baixo o cambio climático.
O proxecto interpretará estas modificacións e os cambios dos servizos ecosistémicos, estudará casos concretos (entre os que se seleccionou o río Ulla), e contribuirá ao desenvolvemento de ferramentas de xestión conxunta, estimulando a cooperación entre países e entre as partes interesadas (mariñas/costeiras e continentais) para mellorar a integración dos problemas a gran escala e a longo prazo na conservación e explotación dos peixes migradores. O Proxecto Ríos colabora xunto a Estación de Hidrobioloxía do Encoro do Con.
DiadES Project
LIFE INVASAQUA
Este proxecto ten como obxectivo principal apoiar a comunicación, a xestión e a difusión de información sobre as Especies Exóticas Invasoras (EEI) acuáticas na Península Ibérica. As accións a desenvolver teñen que ver coa realización dun plan de comunicación para o proxecto, a diagnose da situación ou o desenvolvemento de ferramentas básicas de comunicación e compromiso no marco da alerta temperá e resposta rápida na xestión.
Un dos colectivos destinatarios das actividades de concienciación son os centros de ensinanza. Dende o Proxecto Ríos estamos realizando actividades relacionadas coas EEI acuáticas con institutos de ensino secundario na bacía do Miño – Sil, que é onde se centrarán as actividades da colaboración do Proxecto Ríos coa ASPEA, socia do Proxecto LIFE.
LIFE INVASAQUA
Proxecto Quiroríos
Dende o Proxecto Ríos estamos a colaborar con outras entidades para facer un seguimento de morcegos vinculados a masas de auga. Se estás interesado/a en participar e queres saber máis:
Quiroríos Galicia
PROXECTO LIVINGRIVER
LivingRiver – Coidado e protección da vida e cultura ao redor dos rios e regatos (2018-I-PT01-KA201-047513) é un proxecto internacional, soportado e financiado polo programa Erasmus+, baixo a Clave Acción 2, sector da Educación Escolar (KA201). O proxecto segue uns pilares fundamentais:
- Mellorar a eco-alfabetización a traves de estudos e diseminación do coñecemento sobre ecosistemas acuaticos, promovendo hábitos reponsables e positivos.
- Promover o voluntariado ambiental a traves de estudos e innovación responsable, involucrando estudantes, profesores e traballadores das Escolas de Secundaria.
- Fomentar a participación da cidadanía na protección dos ecosistemas hídricos a traves de promever unha cociencia e coñecemento.
O Proxecto LINVINGRIVER ten como obxectivo crear consciencia, mellorar actitudes e competencias e fomentar inciativas que consigan uns rios máis saludables e sostibles a traves do desenvolvemento e diseminación de recursos e ferramentas, recurrindo así a ciencia para unha acción goblal consecuente e ben formada.
Os socios do proxecto son :
Associação Portuguesa de Educação Ambiental (ASPEA) – Portugal
Universidade De Coimbra – Portugal
Universidade Nova De Lisboa (UNL) – Portugal
IES Ribeira do Louro (IES RdL) – España
Asociación para a Defensa Ecolóxica de Galiza (ADEGA) – Galicia
Agentia Metropolitana Pentru Dezvoltare Durabila Brasov Asociatia – Romania
Balıkesir University – Turkia